Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O presidente nacional de Novas Xeracións pide en Ourense máis investimentos para proxectos empresariais dos mozos no rural

Imprimir ppou - 12-Maio-2017 - 20:52:46 


• Diego Gago, que asistiu como convidado á xunta directiva da organización xuvenil en Ourense, afirmou que nos próximos anos incidirán na formación e na conexión cos mozos na rúa “sentando as bases para chegar coa maior fortaleza posible ás municipais de 2019”.

• José Antonio Parente, presidente provincial de NN.XX., destacou o compromiso dos mozos ourensáns “que sempre están a facer provincia desde o galeguismo, o centrismo e o municipalismo, escoitando nos seus concellos as inquedanzas xuvenís para trasladalas ao partido”.

Ourense, 12 de maio de 2017.- Novas Xeracións pedirá ao Partido Popular que dedique máis investimentos para xerar máis oportunidades aos mozos do rural, de xeito especial no desenvolvemento de proxectos empresariais, dixo esta tarde o recén elixido presidente nacional da organización xuvenil, Diego Gago, que asistiu como convidado á reunión da xunta directiva de NN.XX. en Ourense, na que estivo acompañado polo presidente provincial, José Antonio Parente, e o secretario xeral do PP na provincia, Rosendo Fernández.

  
  
Diego Gago, que á súa vez tamén preside a organización en Galicia, tivo palabras de agradecemento polo apoio recibido desde NN.XX. de Ourense e polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, a súa candidatura no congreso celebrado en Sevilla, subliñando ademais a presenza de dous ourensáns entre os trinta membros do comité executivo nacional: José Antonio Parente e Serxio María Rodríguez, este último novo responsable nacional de política autonómica. Aínda hai dous representantes máis na dirección nacional, Ignacio Campo e Adrián González, que formarán parte da xunta directiva.

Todos eles, xunto co equipo que en Ourense lidera José Antonio Parente, dixo, “axudarán a conseguir os ambiciosos obxectivos que nos marcamos para os tres próximos anos e que pasan pola formación e a universidade, conectando aos mozos coa rúa e sentando as bases para chegar coa maior fortaleza posible ás municipais de 2019”.

Non obstante, para Diego Gago dous dos principais problemas que observa en Galicia e moitas zonas españolas son a falta de oportunidades para os mozos e a despoboación do rural. Así, afirmou, pedirá o PP “que invista en recursos para xerar oportunidades para os mozos no campo e máis axudas para desenvolver proxectos empresariais no sector primario”.

Gago destacou tamén a forte sensibilización social que a organización provincial ten na defensa e promoción da cultura e lingua galegas, ademais de actividades de carácter social.

O presidente provincial de NN.XX., José Antonio Parente, agradeceu pola súa banda a presenza e apoio do presidente nacional e autonómico, “en especial escollendo Ourense como a primeira provincia que visita logo do congreso de Sevilla”.

Parente tamén quiso aproveitar a prensencia de Diego Gago para recoñecer o traballo dos mozos de Novas Xeracións de Ourense, “que sempre están a facer provincia desde o galeguismo, o centrismo e o municipalismo, escoitando nos seus concellos as inquedanzas dos mozos e mozas da provincia para trasladalas ao partido”.

José Antonio Parente tamén agradeceu a presencia do secretario xeral do PP de Ourense, Rosendo Fernández, quen recordou que o partido, cara as próximas municipais, vai apostar pola presenza de mozos de Novas Xeracións nas listas electorais, afirmando que “renovarse é progresar e gañar”.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: