Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Miguel Ángel Viso defende no Congreso o apoio ás denominacións de orixe do viño como motor económico e de fixación de poboación no rural

Imprimir ppou - 12-Maio-2017 - 10:10:32 


• Na comparecencia na comisión de Agricultura, da que é vicepresidente, lembrou que grazas aos representantes ourensáns en Madrid o Ministerio de Agricultura está perfecta e continuamente informado dos danos ocasionados polas xeadas nos viñedos da provincia, estudando o desenvolvemento de diferentes liñas de apoio dirixidas ao sector.

Ourense, 12 de maio de 2017.- O deputado popular ourensán Miguel Ángel Viso instou os partidos políticos con representación no Congreso “a seguir traballando no desenvolvemento das denominacións de orixe do viño, que constitúen un motor económico, social e de fixación de poboación no rural”. Viso fixo esta afirmación no decurso da presentación dunha proposición non de lei na comisión de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, da que é vicepresidente segundo, e na que conseguíu o apoio de todos os grupos agás Podemos, que se abstivo na votación.

  
  
Na súa intervención, na que deixou constancia persoal da súa condición de viticultor, o deputado ourensán tivo palabras para as catro denominacións de orixe existentes na provincia de Ourense e o complexo momento polo que atravesan, tralas xeadas de finais de abril. Neste sentido lembrou que, grazas aos representantes ourensáns en Madrid, o Ministerio de Agricultura está perfecta e continuamente informado da situación, estudando o desenvolvemento de diferentes liñas de apoio dirixidas ao sector.

A proposición non de lei ven a defender ás D.O. como puntos de atracción turística para os seus territorios, grazas ao pulo do enoturismo e mailo enogastroturismo, como polos para a captación de investimentos estranxeiros e a internacionalización dos seus produtos.
 
Ademais, afirmou Miguel Ángel Viso, compre destacar “a importante función social que cumpren as denominacións, contribuíndo a fixar poboación nos territorios rurais e abrindo oportunidades de traballo para os mozos, sen esquecer a contribución á riqueza económica, pois os ingresos xerados quedan nas súas propias zonas, e á creación de paisaxes únicas polas singulares características do cultivo da vide”.

O viño, insistiu o deputado ourensán, “mesmo outorga reputación e prestixio histórico a determinadas zonas”, poñendo como exemplo a un dos primeiros indicios de protección xeográfica no dereito español que data de 1564 e fai referencia ao viño de Ribadavia.


Na defensa das D.O., Viso subliñou tamén o valor engadido que proporcionan en termos comerciais, “que permite que o produto teña un maior valor económico, o recoñecemento dunha marca ligada á calidade tanto dentro do país como no estranxdeiro, proporcionan seguridade alimentaria e contribúen á reputación non só dun produto, senón tamén da súa zona”, sempre baixo o control dos consellos reguladores.

Segundo os últimos datos dispoñibles ofrecidos por Miguel Ángel Viso en la comisión, a comercialización de viño na campaña 2015/2016 incrementouse un 2,59 % respecto á campaña anterior, con preto de 11,9 millóns de hectolitros. O comercio interior representa un 58 con case que 6,9 Hl e o comercio exterior un 42 %, cun volumen de 5 millóns. Así, o aumento do comercio interior foi dun 1,12 % e no comercio exterior do 4,63 %. 

As 69 denominacións de orixe de viño en España agrupan a 4.079 bodegas e 123.617 viticultores (propietarios dunha explotación agrícola que venden a súa produción a unha adega).




(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: