Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Barbadás reclama mobiliario deportivo ao aire libre e un sistema de sinalización visual para persoas con discapacidade intelectual

Imprimir ppou - 09-Maio-2017 - 12:57:37 


• Propón instalar  elementos estáticos e barras de estiramento preto das instalacións deportivas para incentivar o deporte de rúa.

• Pide que todos os edificios públicos teñan un sistema de pictogramas informativos  que faciliten calquera xestión por parte de cidadáns con dificultades cognitivas.

Ourense, 7 de maio de 2017.- O grupo popular de Barbadás presentará no pleno do mes de maio dúas mocións para instar o Concello a implantar elementos deportivos ao aire libre, así como a estudar a posibilidade de implantar sinalización visual para persoas con discapacidade intelectual nos edificios oficiais.

Desde o PP de Barbadás proponse a instalación de mobiliario deportivo para realizar exercicios de estiramento e quecemento fronte ao polideportivo e preto das piscinas. A intención final é estender esta dotación deportiva a máis lugares da Valenzá onde se constate a práctica de exercicio ao aire libre. O material deportivo consistiría en barras e elementos estáticos que permitan realizar exercicios de quecemento, estiramento, exercicios de fondo ou flexións.

A proposta popular tamén convida o grupo de goberno a poñer en marcha a campaña “Lecer saudable con deporte na rúa” para informar os veciños sobre o funcionamento deste equipamento, así como incentivar a práctica da ximnasia deportiva de rúa entre maiores, mozos e colectivos desfavorecidos.

Desde o Partido Popular de Barbadás se aposta por fomentar o deporte e os hábitos saudables entre a vecinanza “sen que supoña grandes custos persoais”. 

Para que a proposta tampouco teña un custo importante para o Concello, a voceira popular, Consuelo Vispo, propón ao alcalde a procura de subvencións a través dos servizos municipais para custear o investimento inicial.

Por outra banda, o PP de Barbadás propoñerá que os edificios oficiais conten con sinalización a base de pictogramas, para orientar a persoas con especiais dificultades cognitivas ou con discapacidade intelectual.

A moción propón crear unha mesa de traballo que estaría aberta a todos os grupos políticos, asociacións, colectivos e profesionais interesados en participar. Este órgano sería o encargado de propoñer un calendario de actuación e implantación deste sistema. 
O PP tamén reclama ao grupo de goberno diálogo e coordinación co resto de organismos oficiais con presenza en Barbadás, para que implanten nos seus locais as sinais aprobadas polo Concello.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: