Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ribadavia solicita a aprobación inmediata dunha ordenanza reguladora do uso da área de autocaravanas

Imprimir ppou - 02-Maio-2017 - 13:55:45 


• A Ordenanza debería regular cuestións claves coma o tipo de vehículos que poden utilizala e os tempos máximos de permanencia.

• Na moción que presenta o grupo popular pídeselle ao goberno que a ordenanza se aprobe, ao máis tardar, na vindeira sesión ordinaria do Pleno municipal.

Ribadavia, 26 de abril de 2017.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha moción no rexistro municipal, para ser debatida pola vía de urxencia no vindeiro Pleno municipal, instando ao goberno de Ribadavia a convocar de xeito inmediato aos grupos municipais para redactar dunha ordenanza reguladora do uso da área de autocaravanas que deberá someterse á aprobación do Pleno municipal, ao máis tardar, na vindeira sesión ordinaria do mes de maio.

Segundo o voceiro popular, César Fernández, “Unha vez que dende o goberno municipal nos comunicaron, nas pasadas comisións informativas, que se ía celebrar unha inauguración oficial desta área a finais de maio, entendemos que non debe demorarse a redación dunha ordenanza que regule o seu uso. Estamos a falar dunha ordenanza que defina claramente o tipo de vehículos que poden utilizar a área, os prazos máximos de permanencia e demais normas básicas como a imposibilidade de estacionar ocupando zonas destinadas a manobra ou vaciado de depósitos, así como as sancións que correspondería impoñer a quen faga un uso indebido desta área.”

César Fernández salientou que “a existencia dunha ordenanza reguladora deste espazo contribúe a aportar seguridade xurídica ao Concello, pois regula o uso e establece o réxime sancionador do incumprimento deste uso, pero tamén outorga seguridade xurídica aos usuarios, xa que lles permite coñecer de primeira man os seus dereitos e as súas obrigas coma usuarios desta área.”

Para Fernández, “a existencia dunha ordenanza é de urxente necesidade pois xa na Semana Santa puidemos ver como nesta área chegaron a estacionar turismos con remolque caravana e cabezas tractoras de trailer, e ata chegamos a ver como se desplegaron electrodomésticos como lavadoras no chan, cuestións que distan moito, ao noso entender do que debe ser a ocupación e uso dun área destas características.”


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: