Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense aproba o calendario de reunións das xuntas locais para preparar as eleccións de 2019

Imprimir ppou - 02-Maio-2017 - 13:48:57 


• Manuel Baltar destacou hoxe, na reunión da Xunta Directiva Provincial, “a previsilibidade e planificación, como ámbitos básicos para seguir crecendo como partido na provincia e acadar novamente a confianza maioritaria dos ourensáns 

• A reunión do máximo órgano entre congresos do populares ourensáns contou hoxe coa presenza de Ethel Vázquez, quen analizou a situación do transporte metropolitano

Ourense, 26 de abril de 2017.- O Partido Popular de Ourense aprobou o calendario de reunións que se levarán a cabo nas xuntas locais do partido cara a preparar as eleccións municipais de 2019. Na reunión da Xunta Directiva Provincial, celebrada esta tarde na sede dos populares ourensáns, presidida polo presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, o titular da formación popular destacou “a previsilibidade e planificación, como ámbitos básicos para seguir crecendo como partido na provincia, manter un contacto permanente, e acadar de novo a confianza maioritaria dos ourensáns nos comicios de 2019”.

  
  
Baltar dixo que un partido como PP de Ourense, que traballa os 365 días do ano, “reflicte o interese diario polos cidadáns, por pulsar cada día as súas opinións e coñecer as necesidades de cada pobo e cada bisbarra”. “Non hai ningunha outra formación política que se achegue a este grao de compromiso permanente coas veciñas e veciñas da nosa provincia e a esta interacción constante. Só así se gaña a súa confianza, a cal temos que renovar día a día, o que supón tamén renovar a nosa responsabilidade como políticos diante deles”.   

Na reunión do máximo órgano entre congresos do populares ourensáns participou hoxe Ethel Vázquez, integrante da Xunta Directiva do PPdeG, quen analizou a situación do transporte metropolitano.

A reunión de hoxe da Xunta Directiva Provincial do PPOU fai a número 12 desde que se celebrara o último Congreso provincial dos populares ourensáns, en marzo de 2016.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: