Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O Partido Popular de Ribadavia solicita o arranxo da rúa Encrucillada de Francelos

Imprimir ppou - 25-Abril-2017 - 11:18:29 


• Esta actuación, xunto coa do camiño do coto en Sampaio deberían incluirse no plan de arranxo de infraestruturas que o concello prevé facer grazas á Deputación de Ourense

• O goberno socialista recortou nun 59% a partida que noutros anos se destinaba a arranxo de infraestruturas no rural

  
  
Ribadavia, 24 de abril de 2017.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha solicitude no rexistro municipal instando ao goberno de Ribadavia ao acondicionamento integral da rúa encrucillada en Francelos. Esta actuación completaría a actuación prevista na rúa do Pouso. 
Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “dende o grupo municipal popular consideramos que esta actuación, xunto coa do camiño do coto en Sampaio deberían incluírse no plan de arranxo de infraestruturas que o concello prevé facer grazas á Deputación de Ourense.” 

César Fernández, ao respecto deste plan, salientou que “resulta chamativo que segundo as declaracións do concelleiro de obras á prensa nestes días, se fale de que é a primeira vez que o orzamento recolle unha partida específica para arranxo de infraestruturas no rural, cando a realidade é que o goberno socialista ven de pegar un recorte do 59% á cantidade que nos últimos anos se tiña destinado a esta finalidade.”

O voceiro popular sinalou que “este recortazo é a proba inequívoca de que para o señor Gómez e o seu goberno o rural só conta para recadar impostos e taxas, pero non para dar servizos.”


Suscíbete:
Redes Sociales: