Noticias
Blog
O Partido Popular de Ribadavia solicita o arranxo integral do camiño do Coto en Sampaio
• A infraestrutura, único acceso ás vivendas do entorno, presenta un estado lamentable e dificulta enormemente o acceso de vehículos.
• Esta situación é unha mostra máis do abandono ao que o goberno socialista ten sometido o rural no concello de Ribadavia.
Ribadavia, 21 de abril de 2017.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha solicitude no rexistro municipal instando ao goberno de Ribadavia ao acondicionamento integral do camiño do coto en Sampaio. A infraestrutura, único acceso ás vivendas deste entorno, atópase nun estado lamentable e dificulta enormemente o acceso de vehículos ata esta zona.
Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “atopámonos ante un novo episodio do permanente abandono ao que o goberno socialista ten sometido a moitas localidades do rural de Ribadavia. Un abandono que amosa ben as claras que o medio rural non é unha prioridade para o señor Ignacio Gómez, máis ben todo o contrario, parece que para o alcalde a veciñanza do rural non ten dereito a disfrutar de infraestruturas e servizos públicos de calidade.”
César Fernández salientou que “en pleno século XXI faise difícil de comprender que concellos coma o de Ribadavia, que non son moi grandes en extensión, existan veciños que non conten con infraestruturas minimamente decentes para acceder ás súas vivendas.”