Noticias
Blog
O candidato popular á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, mantivo un multitudinario encontro coas veciñas e veciños do barrio da Ponte, un dos motores económicos da cidade de Ourense. Nesa xuntanza, similar ás que está celebrando dende hai meses por todos os barrios e distritos da cidade, someteuse as preguntas e suxestións dos asistentes logo de exponer as súas ideas sobre o Ourense do futuro que debemos deseñar entre todos.
Rosendo Fernández, veciño deste barrio, falou con contundencia das súas propostas de goberno, as cales levará a cabo unha vez acade o apoio marioritario do electorado, e subliñou o papel dos pontinos por albergar unha infraestructura básica na historia da cidade: a futura estación do AVE, un feito que terá unha relevancia transcendental non só na Ponte, senón tamén en Ourense e Galicia, por tratarse da entrada da alta velocidade ferroviaria, convertindo a Ourense en centro neurálxico de comunicacións de Galicia e norte de Portugal.