Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 A deputada Ana Vázquez trasladará a Interior a proposta da asociación de gardas civís para que Xinzo de Limia sexa posto principal

Imprimir ppou - 21-Abril-2017 - 14:12:42 


• Na súa condición de vocal da Comisión de Interior do Congreso, Vázquez mantivo un encontro cos representantes da Asociación Unificada deste corpo, que tamén pediron o aumento do número de axentes na provincia.

Ourense, 21 de abril de 2017.- A creación dun posto principal da Garda Civil en Xinzo de Limia e o incremento do número de axentes na provincia son dúas das demandas da Asociación Unificada deste corpo (AUGC) que a deputada popular ourensá, Ana Belén Vázquez, trasladará ao Goberno en Madrid, tal e como se comprometeu trala reunión que mantivo cos representantes deste colectivo en Ourense, o secretario xeral provincial, Lisardo Javier González Iglesias, e a secretaria da muller, María Jesús Luis Martínez.

  
  
Vázquez enmarcou este encontro na súa rolda de contactos coas diferentes asociacións que representan aos membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado na provincia, na súa condición de vocal da Comisión de Interior do Congreso. “A Garda Civil –subliñou- presta un servizo esencial para a seguridade dos habitantes nas zonas rurais e temos a obriga de establecer mecanismos de colaboración e cooperación que faciliten o seu labor”.  

Na reunión falouse da proposta da asociación de converter en posto principal ao cuartel da Garda Civil de Xinzo de Limia, o que segundo afirmaron os seus representantes melloraría as súas tarefas de seguridade e coordinación co resto dos cuarteis non só nesta zona da provincia senón tamén na limítrofe comarca da Baixa Limia.

Tamén se abordou a necesidade de aumentar o número de axentes na provincia. Na actualidade, apuntaron os membros da asociación, son 838 gardas civís, cunha porcentaxe de baixas do 20 %, cando entenden que esta cifra debería ser de 927 axentes para garantir os seus servizos.

Outro dos asuntos tratados foi a creación dunha Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia, cuxos axentes se moverían por todos os cuarteis da provincia para combater a delincuencia no rural, proposta que segundo lembrou Ana Belén Vázquez xa trasladou ao Ministerio do Interior.

Tamén se abordaron outras cuestións como a correcta adaptación do módulo para detidos nas novas instalacións do complexo hospitalario ou o desenvolvemento do regulamento que permitirá dotar aos axentes dun seguro de responsabilidade civil, como xa ten a Policía Nacional.

Ana Belén Vázquez recolleu todas estas peticións, comprometéndose a realizar as xestións necesarias ante o Ministerio do Interior para o seu estudo.



Suscíbete:
Redes Sociales: