Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Quince mozos ourensáns representarán a Novas Xeracións de Ourense no congreso nacional desta fin de semana en Sevilla

Imprimir ppou - 18-Abril-2017 - 14:16:06 


• A organización xuvenil do Partido Popular nomeará nesta cita a Miguel Ángel Blanco, asasinado por ETA hai vinte anos, como presidente de honra. 

Ourense, 18 de abril de 2017.- Unha delegación composta por quince mozos ourensáns representarán á organización xuvenil do Partido Popular de Ourense no congreso nacional que Novas Xeracións celebrará esta próxima fin de semana en Sevilla. Co presidente provincial á cabeza, José Antonio Parente, os representantes da provincia proceden das agrupacións locais de Ourense cidade, Xinzo de Limia, Arnoia, Baltar, Toén, Maside, Calvos de Randín e Paderne de Allariz.

No congreso, que chega á súa convocatoria número catorce, a delegación ourensá dará o seu apoio ao actual presidente da organización xuvenil en Galicia, Diego Gago, que lidera á única candidatura presentada á dirección nacional. José Antonio Parente valorou positivamente a decisión de Diego Gago que concorrir á presidencia da organización en España, subliñando que “espero que de este congreso saia unha directiva forte, que siga apostando polos mozos para que teñan as mellores oportunidades educativas e laborais para desenvolver o seu proxecto de vida”.

Un dos momentos destacados desta cita será o nomeamento de Miguel Ángel Blanco, concelleiro do PP en Ermua asesinado por ETA hai vinte anos, como presidente de honra de Novas Xeracións, “o que supón todo un recoñecemento ao labor dun mozo ao que lle arrebataron a vida polo seu compromiso cun ideario e o seu pobo”, declarou Parente.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: