Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O grupo popular propón crear unha rede provincial de albergues como estratexia de dinamización económica do rural

Imprimir ppou - 11-Abril-2017 - 13:45:25 


• A iniciativa, reflectida polo PP nunha moción para o seu debate no pleno de abril,  facilitaría “a especialización turística da provincia no alberguismo de calidade, baseado no turismo deportivo e no turismo creativo”.

Ourense, 11 de abril de 2017.- O grupo popular na Deputacion de Ourense ven de propoñer a creación dunha rede provincial de albergues que terá como principal obxectivo a dinamización económica das zonas do interior, así como a ordenación do alberguismo no territorio ourensán. Así consta na moción que os populares rexistraron esta mañá para o seu debate no pleno que a Deputación celebrará a finais do presente mes.

A rede, que sería a primeira de Galicia e desenvolvería directamente a institución provincial ou ben a través do Inorde, inlcuiría unha serie de accións coordinadas en materia de difusión, a posta en marcha dunha central de reservas, paquetes comúns de comercialización e mesmo actuacións para a formación de profesionais e de axendas culturais.

A iniciativa do grupo popular parte da importancia turística de Ourense, onde “cobran especial interese os doce albergues existentes, cunha oferta aproximada de mil prazas, situando ao turismo ao servizo da dinamización rural”.

Na moción cítase un estudo de 2008 realizado pola Organización Mundial do Turismo e a World Youth Student & Educational (WYSE) Travel Confederation sobre o mozo viaxeiro independente, que representa o 20 % de tódalas chegadas mundiais. Este sector do turismo experimentou nos últimos anos un crecemento espectacular alentado polo desenvolvemento de liñas de baixo custo e acceso xeneralizado a internet. En atención a este demanda, sinala a moción, “cada vez son máis os provedores e axencias de viaxe especializadas no turismo xove nun segmento no que a planificación e goce da viaxe se axusta a uns parámetros específicos: transporte e aloxamento de baixo custo e descubrimento do destino en profundidade, cun marcado interese polo aspecto natural e cultural”.

En Ourense, destaca o grupo popular na súa proposta, existe un dos dous exemplos de “modelo Europeo” de alberguismo, un movemento en auxe que xa non está limitado a unha idade determinada. Trátase do albergue das Corcerizas, na Serra de San Mamede, integrado na red española de albergues xuvenís.

Esta rede facilitará, destaca a moción, “a especialización turística da provincia no alberguismo de calidade, baseado no turismo deportivo e no turismo creativo, contribuíndo a dinamizar o medio rural do noso territorio”.

Este obxectivo, engade, “pasaría pola maior transparencia e participación, logo de contactar con todas os albergues e conveniar a creación de sinerxias de traballo”, paso previo aos estudos de viabilidade que aconsellen a inclusión das instalacións na rede e para despois definir a imaxe e marca, os produtos básicos e o traballo de comunicación.


Suscíbete:
Redes Sociales: