Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Novas Xeracións homenaxea a Ramón Otero Pedrayo no aniversario do seu pasamento

Imprimir ppou - 08-Abril-2017 - 14:03:28 


• No pazo museo do patriarca das letras galegas, o coordinador de Política Autonómica do PP, Miguel Santalices, destacou que actos como este “honra a persoas que fixeron tanto pola nosa cultura e pola nosa lingua, mantendo vivo o seu soño dunha Galicia que fose unha autonomía para nos poder gobernar”.

Ourense, 8 de abril de 2017.- A organización xuvenil do Partido Popular, Novas Xeracións, celebrou hoxe unha homenaxe ao patriarca das letras galegas, Ramón Otero Pedrayo, cando está a piques de se cumprir o corenta e un aniversario do seu pasamento, ocorrido o 10 de abril de 1976. O acto tivo lugar no Pazo Museo ubicado en Cimadevila, na parroquia de Trasalba (Amoeiro), onde se garda a memoria do escritor, profesor e político ourensán e alí se deron cita os membros de Novas Xeracións, co seu presidente provincial José Antonio Parente, acompañado polo coordinador de Política Autonómica do PP, Miguel Santalices.

  
 
No exterior da casa, os asistentes leron varias pasaxes das principais obras de Otero Pedrayo, como Os camiños da vida, onde fala da sociedade decimonónica galega e da fin da sociedade hidalga; Arredor de si, para destacar a conciencia da nación galega e da ourensanía do autor; e un texto do artigo publicado no periódico El Heraldo Gallego, no que Otero Pedrayo repasaba a súa infancia en Trasalba.

No programa do acto figuraban as intervencións de José Antonio Parente e Miguel Santalices. José Antonio Parente destacou a faceta historiadora do intelectual ourensán, “que sempre levou a Ourense aló das nosas fronteiras”, ademais de poñer o énfase na súa actividade cultural, sinalando neste sentido que o seu traballo “é un exemplo para os mozos de Novas Xeracións, que estamos a reivindicar permanentemente a nosa cultura e aos máximos expoñentes da ourensanía”.

Miguel Santalices, pola súa banda, felicitou aos mozos de Novas Xeracións por unha iniciativa “que defende o sentimento que compartía Otero Pedrayo e co que se honra a persoas que fixeron tanto pola nosa cultura e pola nosa lingua, mantendo vivo o espírito dos nosos antepasados, que sempre soñaron cunha Galicia que fose unha autonomía para nos poder gobernar”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: