Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Novas Xeracións colabora coa campaña solidaria de apoio a unha nena verinense que precisa dun elevado número de terapias

Imprimir ppou - 07-Abril-2017 - 13:02:24 


• Coa axuda da asociación Amigos de Galicia entregou media ducia de grandes sacas con tapóns, facendo así a súa aportación ao financiamento  dos tratamentos que necesita a pequena.

Ourense, 7 de abril de 2017.- Novas Xeracións, a organización xuvenil do Partido Popular, fixo entrega á asociación Amigos de Galicia de media ducia de grandes sacas repletas de tapóns de plástico, iniciativa coa que se ven de sumar ao movemento solidario de apoio á pequena Valeria, unha nena verinense de catro anos de idade que precisa de ata sete terapias diferentes debido á enfermidade que padece.

A campaña de Novas Xeracións desenvolveuse en catro puntos da provincia –Xinzo de Limia, A Rúa, Vilariño de Conso e Ourense- e tiña como obxectivo colaborar no financiamento ao longo dun ano das terapias de diverso tipo que Valeria necesita.

O presidente provincial da organización xuvenil, José Antonio Parente, quixo enviar unha mensaxe de agradecemento a todas as persoas que participaron nesta campaña, así como tamén á desinteresada colaboración da asociación Amigos de Galicia ao facerse cargo dos tapóns recollidos e da súa posterior entrega.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: