Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP esixe ao goberno local o cumprimento da ordenanza municipal que establece a apertura diaria do castelo de Castro Caldelas

Imprimir ppou - 06-Abril-2017 - 12:40:46 


• A fortaleza carece de guía desde principios de ano e só abre as súas portas aos visitantes os fins de semana e días de feira.

• O portavoz popular, Manuel Lage, denuncia o desinterese do goberno socialista polo monumento e advirte dos prexuízos que pode ocasionar aos turistas e hostaleiros da vila ante a proximidade da Semana Santa.

Ourense, 6 de abril de 2017.- O Partido Popular de Castro Caldelas esixe ao goberno local o cumprimento da ordenanza municipal que establece a apertura diaria do castelo, que desde principios de ano só abre as súas portas durante os fins de semana e días de feira por falta de persoal. Unha situación que para o portavoz popular, Manuel Lage, “xera as protestas dos visitantes e pode ocasionar graves prexuízos aos hostaleiros da vila, en especial ante a proximidade da Semana Santa”.

A fortaleza, explica Manuel Lage, carece de guía desde mediados do pasado mes de xaneiro, “data na que presentou a súa baixa por enfermidade a persoa que facía estas funcións”. Desde entón, engade, o castelo só abre os fins de semana “cando hai unha ordenanza municipal aprobada na pasada lexislatura e que fixa a apertura diaria”. 

Para o portavoz popular, o peche da fortaleza aínda é máis grave pois “na práctica totalidade das páxinas web nas que se fala do monumento indícase que permanece aberto de luns a domingo, o que xerou máis dunha protesta por parte dos visitantes que se achegaron ata a vila durante a semana e atopáronse coas portas pechadas”.

O desinterese do goberno socialista polo castelo, denuncia Manuel Lage, “é especialmente preocupante a piques de comezar a Semana Santa”, pois tal e como advirte “de non haber unha solución inmediata imos ofrecer unha pésima imaxe a todos os turistas que se acheguen á vila para visitar a fortaleza e atópenlla pechada, ademais dos prexuízos que se poden ocasionar aos hostaleiros locais ante a marcha dos defraudados visitantes.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: