Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Ourense, primeira provincia en investimento en ferrocarrís de España con 477,49 millóns de euros, un 551% superior á media provincial

Imprimir ppou - 04-Abril-2017 - 19:02:41 


• Os investimentos previstos para Ourense nos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) de 2017 alcanzan os 505,016 millóns, dos que 33,87 corresponden aos ministerios e 471,13 a sociedades públicas.

• ADIF destinará aos tramos ourensáns da liña de alta velocidade Olmedo-Lubián-Ourense 461,3 millóns de euros, dos case que 749,06 millóns que se investirán en total neste proyecto.

• En estradas destaca o impulso ás autovías A-76 e A-56 (variante Norte e San Martiño-A Barrela).

•  O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte destina a totalidade do seu orzamento en Galicia, 5.95 millóns de euros, aos proxectos ourensáns do Arquivo, a Biblioteca e o Museo Arqueolóxico.

Ourense, 4 de abril de 2017.- O Goberno presentou hoxe no Congreso dos Deputados o proxecto de lei de Orzamantos Xerais do Estado (OXE) para 2017, nos que se mantén o compromiso do executivo que preside Mariano Rajoy coa provincia de Ourense. Estes orzamentos, segundo expresaron os deputados populares pola provincia de Ourense –Miguel Ángel Viso, Celso Delgado e Ana Belén Vázquez- “permiten avanzar decididamente na conexión por alta velocidade de Ourense con Madrid, superando as dificultades xurdidas ao longo do último ano”.

Os investimentos previstos nos OXE de 2017 para Ourense alcanzan os 505,016 millóns de euros, dos que 33,87 corresponden aos ministerios e 471,13 millóns a sociedades públicas.

Resumo de investimentos dos ministerios: 33,87 M€

  • Facenda: 481.650 €
  • Enerxía: 10.290 €
  • Fomento: 17,13 M€
  • Educación e Cultura; 5,99 M€
  • Agricultura-Medio Ambiente: 9,97 M€

Resumo de investimentos das sociedades públicas: 471,13 M€

  • Adif-Alta Velocidade: 462,8 M€
  • Adif: 1,77 M€
  • Renfe: 1,47 M€
  • Seitsa: 1,33 M€
  • Augas das Concas de España (CUAES): 2,55 M€
  • Sociedad Equipamientos Penitenciarios: 640.000 €

GRUPO FOMENTO
O Grupo Fomento destina no 2017 para Ourense 498,68 millóns de euros, o que a sitúa como a terceira provincia con maior esforzo orzamentario.

Un esforzo do 196,6 % por encima do investimento provincial medio e supón un incremento do 124,15 % sobre o orzamento executado en 2016, colocándose tamén como a segunda provincia en investimento per cápita (1.583,9 €).

Ourense sitúase tamén como a segunda provincia con maior investimento para 2017, cunha cifra que alcanza os 496,1 millóns de euros e sitúaa un 265 % por encima da media das provincias.

O investimento en estradas na provincia é de 18,04 millóns de euros, o que representa un incremento do 54,39 % sobre o orzamento executado en 2016.

Ourense é ademais a primeira provincia en investimento en ferrocarrís de toda España, cun importe que ascende a 477,49 millóns e cun investimento 551 % superior á media provincial.


Principais actuacións

Ferrocarrís
O investimento en ferrocarrís é de 477,5 millóns de euros. No 2017 axustouse a dotación orzamentaria ao desenvolvemento das actuacións e á execución do ano 2016. Adicionalmente destínanse 2,3 millóns subvencións ao transporte (Obriga de Servizo Público Renfe).

Proseguen as obras da liña de alta velocidade Olmedo-Lubián-Ourense cunha dotación total de 749,6 millóns (inclúe ADIF Alta Velocidade e Sociedade Estatal de Infraetruturas e Transportes Terrestres –SEITT-). O investimento previsto en Galicia é de 461,3 millóns. 

Tamén se previu unha partida para a variante de Taboadela a Ourense de 1 millóns de euros. 
Adicionalmente contémplase unha dotación total de 1 millón para a nova liña entre Ourense e Vigo por Cerdedo, (tamén se inclúe unha dotación no orzamento do Ministerio de Fomento para completar a tramitación ambiental e administrativa pendente). O investimento previsto na provincia será de 500.000 euros.

Inclúese unha dotación para continuar as actuacións e estudos de renovación e variantes na  liña Ourense-Monforte-Lugo.

O orzamento de ADIF inclúe 1,7 millóns de euros para:
  • Renovacións e melloras de liñas (0,7 M€)
  • Proxectos en finalización (0,29 M€)
  • Construción de paso inferior peonil para mellorar a permeabilidade na estación da Rúa-Petín (0,2 M€).
  • Implantación de ASFA dixital (0,2 M€)

O orzamento de RENFE fixa un investimento total de 1,5 millóns de euros na provincia para mellora da seguridade na circulación, actuacións sobre material existente, grandes reparacións, accesibilidade en trens, sistemas de información e venda. 

As partidas destinadas ao mantemento da rede convencional figuran no capítulo 7 do orzamento do Ministerio de Fomento e ascenden na provincia a 11,2 millóns.

Estradas
No proxecto de OXE-2017 destínase a cantidade de 18,0 millóns de euros para investimentos en estradas na provincia de Ourense (16,7 millóns Demarcación Xeral de Estradas máis 1,3 millóns da SEITT).

Ademais están dotadas as partidas necesarias para licitar novas actuacións como:
  • Na autovía A-56 está previsto licitar as obras do primeiro tramo do variante Norte de Ourense, Eirasvedras-Quintela, para o que se destinan 3,70 millóns de euros. Na provincia de Lugo e para o tramo San Martiño-A Barrela hai unha importante partida de 10 millóns que permitirá dar continuidade ás obras.
  • Para os tramos da autovía A-76 consígnanse 6,2 millóns para as tres provincias (León-Lugo e Ourense). Na nosa provincia consígnase para o tramo A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras unha importante partida de 4,8 millóns. E para avanzar na redacción do proxecto do tramo fronteirizo  Requejo-A Veiga de Cascallá un total de 307.970 euros.
  • Destínase tamén 0,5 millóns para licitar as obras de conexión da N-120 coa estrada N-536, na localidade de Barco de Valdeorras. E os 0,7 millóns para licitar as obras de remodelación da ligazón da Rúa na N-120, PK 466.
  • Para o mantemento e mellora da seguridade viaria da rede de estradas do Estado en Ourense contémplanse varias partidas por importe de 8 millóns (6,7 millóns da Demarcación Xeral de Estradas e 1,3 da SEITT).
O investimento a través da Demarcación Xeral de Estradas permitirá desenvolver, entre outras, as obras das seguintes actuacións:
  • Rehabilitación do firme na A-52, en diversos tramos na provincia de Ourense.
  • Execución de glorieta no pk. 578 da N-120.
  • Senllas peonís en Razamonde.

Ademais, a través do Convenio coa SEITT, en 2017 existe dotación para desenvolver as seguintes actuacións de conservación:
  • Rehabilitación do firme na A-52, en diversos tramosen a provincia.
  • Campaña de rehabilitación de firmes na cidade de Ourense, Coles  e accesos: N-525; N-120; N-544; C-546.

POLÍTICA DE VIVENDA
Prevese continuar consolidando o cambio de modelo derivado de varias reformas lexislativas e da aplicación do Plan Estatal de Fomento do Aluguer de Vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbana 2013-2016, prorrogado durante este exercicio.

Para as axudas desta prórroga consignáronse 14.912.590 millóns de euros para Galicia. 

Dentro do programa de rehabilitación arquitectónica prevese un investimento do Ministerio de Fomento na provincia de Ourense de 600.000 euros nas seguintes actuacións:
  • Recuperación e restauración de cuadrilla norte e sur do claustro de Hospedería no Mosteiro de Melón, cun investimento de 1.780,53 millóns, dos que 500.000 euros corresponden ao exercicio 2017.
  • Igrexa de Santa Comba en Bande, con 360.000 euros, dos que 100.000 corresponden ao exercicio 2017.
  • Dentro do programa de conservación do patrimonio histórico-artístico, 1,5 % cultural, o Ministerio de Fomento financiará o proxecto de reforma e rehabilitación da praza de Abastos número uno de Ourense aportando 3,55 millóns de euros.

EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE
Os OXE do 2017 rexistran tamén 2 millóns para o Arquivo Provincial, 3,7 millóns para a Biblioteca Pública do Estado e 250.000 euros para o Museo Arqueolóxico da cidade. Resaltar que o orzamento íntegro investidor deste Ministerio en Galicia, 5,95 millóns destínase a Ourense.

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE
A Sociedade ACUAES, dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, contempla 2,5 millóns euros para a EDAR de Ourense. Tamén son moi importantes os investimentos que realiza a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que ascenden a 9,4 millóns.

PRISIÓNS
A Sociedade de Infraestruturas e Equipamento Penal, dependente do Ministerio de Interior, consigna 640.000 euros para melloras e reforma do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.




(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: