Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Comité de Dirección do Partido Popular de Ourense planifica a lista dos seus 92 candidatos ás eleccións municipais de 2019

Imprimir ppou - 03-Abril-2017 - 20:39:44 


• Manuel Baltar afirmou que “contar cos cabezas de lista a dous anos vista dos próximos comicios locais garante un traballo intenso e continuo para levar á veciñanza as nosas propostas”.

• Tamén co obxectivo de superar os resultados de 2015, o comité acordou incrementar o contacto cos máis de 26.000 afiliados procurando unha maior participación na actividade política.

Ourense, 3 de abril de 2017.-  O Partido Popular de Ourense segue a traballar para ter definidos no presente ano a gran maioría dos nomes que encabezarán as listas populares nas eleccións municipais de 2019 nos 92 concellos da provincia. Con este fin reuniuse hoxe o Comité de Dirección do PP, nunha convocatoria que o presidente provincial, Manuel Baltar, enmarcou “na planificación da que fai gala o noso partido e que entendemos como un aspecto clave da estratexia política”.

  
  
A xuntanza do comité tivo lugar na localidade de Abeleda, na Teixeira, o que supón a súa segunda reunión fóra da sede provincial –a primeira foi en San Pedro de Rocas en maio do pasado ano- seguindo así un dos compromisos anunciados por Manuel Baltar no congreso provincial, no que avogou por celebrar por todo o territorio ourensán as diferentes convocatorias dos órganos de dirección do partido.

Baltar subliñou que xunto coa planificación “a anticipación é fundamental para que a maquinaria do partido afronte as eleccións de 2019 coa necesaria forza para conseguir o obxectivo que nos temos marcado, que non é outro que superar as alcaldías conseguidas nas últimas municipais e recuperar as principais vilas”.

Nesta liña, engadiu, “contar cos cabezas de lista a dous anos vista dos próximos comicios locais garante un traballo intenso e continuo para levar á veciñanza as nosas propostas”. Pero, para conseguir este fin, tamén compre mobilizar aos afiliados, dixo.

Este foi precisamente outro dos asuntos tratados polo Comité de Dirección, que porá en marcha unha campaña para aumentar o contacto do partido cos máis de 26.000 afiliados, procurando unha maior participación destes na actividade política.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: