Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ribadavia solicita o arranxo inmediato do camiño que une Sanín coas Chabolas polo Seixo

Imprimir ppou - 22-Marzo-2017 - 11:22:36 


• A infraestrutura ten unha fenda no firme que ocasiona numerosas molestias á veciñanza e supón un perigo para os usuarios.

• Esta situación é unha mostra máis do abandono ao que o goberno socialista ten sometido o rural no Concello de Ribadavia.

  
  
Ribadavia, 21 de marzo de 2017.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha solicitude no rexistro municipal instando ao goberno de Ribadavia ao acondicionamento inmediato do camiño que une Sanín coas Chabolas pasando polo Seixo. A infraestrutura, moi utilizada pola veciñanza destas localidades, ten unha fenda no firme que ocasiona numerosas molestias e que supón un perigo para os usuarios.

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “estamos ante unha mostra máis do abandono ao que o goberno socialista ten sometido ás localidades do rural de Ribadavia. Un abandono que é mostra inequívoca de que nos atopamos ante un goberno esgotado, sen ideas e incapaz de resolver os problemas da veciñanza.” 

César Fernández, sinalou que “coa actitude do goberno municipal establécese unha clara discriminación á poboación destas localidades, que son esquecidas e abandonadas permanentemente por parte do goberno municipal.”


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: