Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular no Parlamento de Galicia visita a D.O. Monterrei, que precisa aumentar a superficie de viñedo para atender o importante crecemento dos últimos anos

Imprimir ppou - 13-Marzo-2017 - 11:59:50 


• José González e Carlos Gómez continúan o percorrido polas diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de Galicia, co obxectivo de coñecer as súas demandas, así como amosarlles o apoio polo importante papel que xogan na comercialización e promoción dos produtos galegos de calidade

Santiago, 11 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural do grupo popular, José González Vázquez,  xunto co tamén deputado popular Carlos Gómez Salgado, visitaron o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, onde mantiveron una entrevista co presidente e a secretaria da entidade, José Antonio Da Silva Pereira e Natalia González Rodríguez, respectivamente.

  
  
Os deputados populares  recoñeceron durante a entrevista o importante traballo levado a cabo na denominación, que se traduciu nun incremento das ventas de máis dun 20 % en 2016, ata os 2.800.000 litros. Nos últimos dez anos esta denominación quintuplicou o volume de litros comercializados.

Dentro das inquietudes da entidade, o seu presidente trasladoulle aos parlamentarios populares a necesidade de incrementar a superficie de viñedo, dado o forte crecemento que están a experimentar as ventas de denominación. Tamén se fixo especial fincapé na importancia que neste crecemento das ventas tivo a aposta decidida polas variedades autóctonas, principalmente godello e  mencía.

A visita enmárcase na rolda de contactos que ambos os dous parlamentarios están a realizar por todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas co fin de coñecer as súas demandas, así como amosarlles o apoio do grupo popular polo importante papel que xogan na comercialización e promoción dos produtos galegos de calidade.

O grupo popular continúa nesta lexislatura coa súa aposta decidida por un sector agroalimentario galego de calidade como base para o desenvolvemento do rural. Nesta liña, considérase esencial o apoio ás variedades e razas autóctonas da agricultura e gandería galegas, así como ás organizacións que garanten a calidade dos produtos galegos.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: