Noticias
Blog
Os populares ourensáns piden no Día da Muller “unha profunda reflexión” sobre a necesidade de lograr unha conciliación real e efectiva
• A estatuta da Leiteira, na rúa do Paseo da capital, foi o escenario dun acto conmemorativo organizado pola comisión de igualdade do PP.
Ourense, 8 de marzo de 2017.- O Partido Popular de Ourense celebrou esta mañá o Día Internacional da Muller cun acto na rúa do Paseo da capital no que se invitou á cidadanía “a reflexionar sobre a necesidade de lograr unha conciliación cen por cen real e efectiva”.
Xunto á escultura da Leiteira e acompañados por afiliados e simpatizantes, convocados pola comisión de igualdade do Partido Popular, representantes da formación ourensá deron lectura a varios manifestos onde se lembrou que a celebración deste ano vai dirixida “ás mulleres nun mundo laboral en transformación”.
Os participantes destacaron que para lograr o desenvolvemento sostible da sociedade é imprescindible lograr a igualdade de xénero no traballo, “para o que se fai necesario que se tome realmente en consideración a conciliación da vida laboral, persoal e familiar”, un obxectivo que implica a toda a sociedade “e por tanto debe ter unha resposta conxunta que implique a todos os sectores, desde as administracións públicas ata os axentes sociais e cidadanía en xeral”.
Aínda que se están a dar pasos na dirección correcta, desde o PP de Ourense avogouse por continuar traballando no deseño e implantación “de novos modelos que axuden á creación dunha realidade social na que por fin teñan cabida o ámbito persoal, familiar e profesional de todas as mulleres”.
As lecturas correron a cargo de Jackeline Fernández e Susi Gómez como membros do Comité Executivo do PP; do presidente provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente; e a presidenta do distrito Reza-Ceboliño da xunta local de Ourense, Mila Sierra, así como tamén o actor Fernando Gabelo, que leu un poema.