Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Comité Executivo do PP ourensán aprobou os orzamentos da formación para 2017

Imprimir ppou - 24-Febreiro-2017 - 19:31:22 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, “o trámite de hoxe é unha nova mostra da transparencia coa que traballa esta formación á hora de render contas da súa xestión”.

Ourense, 24 de febreiro de 2017.- A sede do Partido Popular de Ourense acolleu esta tarde a primeira das reunións deste ano do Comité Executivo Provincial, que segundo o recollido na orde do día procedeu á aprobación dos orzamentos do PP ourensán para 2017. Un plan económico que contará cunha dotación de preto de 321.000 euros para desenvolver a súa actividade, cantidade procedente das cuotas dos afiliados, das aportacións que realizan os cargos públicos e das transferencias do PP de Galicia.

  
  
Para o presidente provincial, Manuel Baltar, “o trámite de hoxe é unha nova mostra da transparencia coa que traballa esta formación á hora de render contas da súa xestión”, lembrando que os populares ourensáns son o único partido da provincia en facer públicos os seus orzamentos para as campañas electorais e a liquidación final destes.

Baltar aproveitou tamén a reunión do Comité Executivo para recoñecer o traballo realizado pola delegación ourensá que participou no recente congreso nacional do Partido Popular, celebrado a mediados deste mes en Madrid, subliñando a implicación dos representantes ourensáns nos relatorios e aprobación dos documentos políticos

Por outra banda, o comité, no exercicio das súas competencias para resolver os conflitos que poidan existir nas entidades territoriais da formación, acordou incoar senllos expedientes disciplinarios, que serán presentados diante do Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG, aos concelleiros de Rairiz de Veiga José Antonio Fernández González e Manuel Ferreiro Fernández.

O Comité de Dereitos e Garantías deberá resolver os citados expedientes en base aos artigos 16 e 17 dos estatutos, que establecen como falta grave ou moi grave “a desobediencia ás instruccións ou directrices que emanen dos órganos de goberno e representación do partido ou dos grupos institucionais do mesmo”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: