Noticias
Blog
Gerardo Rodríguez, candidato popular á Alcaldía de San Xoán de Río
16 de xaneiro de 2011.- Coa presenza do presidente provincial Manuel Baltar presentouse Gerardo Rodríguez como candidato á alcaldía de San Xoán de Río nas eleccións municipais de maio. No acto celebrado na capitalidade do concello tamén estiveron presentes, ademáis de numerosos afiliados e simpatizantes populares, o secretario xeral Rosendo Fernández, a senadora Carmen Leyte, os alcaldes de Celanova, Chandrexa e Verea, e os candidatos populares de Trives e Manzaneda.
Gerardo Rodríguez comprometeuse a devolverlle a Río a estabilidade dun goberno popular e que sexa útil o voto das veciñas e veciños para non comprometer o futuro do concello. Gerardo Rodríguez, médico, voceiro municipal popular e presidente do partido en Río, inicia esta andaina para recuperar o goberno local tras dúas lexislaturas "para esquecer" froito dunha xestión ineficaz que paralizou o desenvolvemento deste concello.

Manuel Baltar animou a Gerardo a configurar un equipo de traballo e unha candidatura gañadora "falando coa xente e recollendo as súas demandas para facer un programa de goberno creíble e realizable" e que así "o bipartito de Río desapareza o vintedous de maio". O presidente popular convocou ás veciñas e veciños de Río a traballar para gañar novamente unhas eleccións, lembrando que cos resultados das xerais de 2008 e das autonómicas e europeas de 2009 a maioría absoluta será unha realidade. "O modelo socialista é un modelo de fracaso e o nacionalista quedou en evidencia tralo paso polo executivo autonómico, apostemos polo modelo popular: estable, sólido e comprometido co futuro".