Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ribadavia solicita que o concello se una ás redes de auditorios de Agadic e da deputación provincial

Imprimir ppou - 15-Febreiro-2017 - 13:31:36 


• A entrada nestas redes permitiría aumentar e desestacionalizar a escasa oferta cultural que a día de hoxe ten o Concello de Ribadavia.

Ribadavia, 14 de febreiro de 2016.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar dúas mocións para seren debatidas no vindeiro Pleno municipal do mes de febreiro. As mocións están dirixidas a instar ao goberno municipal a que inscriba a Ribadavia na Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC, e na Rede Provincial de Espazos Culturais da Deputación de Ourense. A entrada nestas redes permitiría aumentar e desestacionalizar a escasa oferta cultural que, a día de hoxe, ten o Concello de Ribadavia.

Dende o grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia, consideramos que un concello coma o de Ribadavia debe contar con unha programación cultural dinámica e desestacionalizada, que redunde nunha mellora da calidade de vida da nosa veciñanza e que convirta a Ribadavia nun lugar máis atractivo para desenrolar un proxecto vital.

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “é dificilmente comprensible que un concello coma Ribadavia, noutrora referencia cultural a nivel provincial, non exista unha oferta cultural ampla e atractiva que satisfaga as necesidades da veciñanza”. 

César Fernández, sinalou que “para o noso grupo a política cultural ten que ocupar un lugar fulcral na axenda do goberno municipal, e non basta con ter adscrita unha dedicación exclusiva a esta concellería, se non que Ribadavia debe estar presente en todas as iniciativas doutras administracións que supoñan un pulo para a actividade das industrias culturais e creativas”.

Fernández sinalou que “o feito de que exista unha dedicación exclusiva na concellería de cultura debe obrigarnos a ser máis esixentes coa oferta cultural municipal, xa que coa oferta actual parece dificilmente xustificable a existencia desta dedicación” polo tanto, sinalou o voceiro popular, “entendemos que o concello de Ribadavia debe estar presente nestas redes de programación cultural para ampliar e mellorar a nosa oferta cultural; unha oferta que a día de hoxe se atopa en mínimos históricos”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: