Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  O grupo provincial popular presenta unha moción para o seu debate en pleno na que propón elaborar un plan de turismo cultural e creativo

Imprimir ppou - 13-Febreiro-2017 - 17:27:22 


• A iniciativa completaríase coa posta en valor dos dez puntos da provincia que teñan un excepcional valor turístico e un plan de emprego para a atención aos visitantes meses lugares.
 
Ourense, 13 de febreiro de 2007.- O innegable potencial cultural e turístico da provincia de Ourense son unha realidade chamada a se converter nun eixo de desenvolvemento económico e social do territorio. Partindo desta base, o grupo provincial do Partido Popular rexistrou esta mañá unha moción para o seu debate no pleno ordinario de febreiro na que propón a elaboración dun plan de turismo cultural e creativo da provincia no que, entre outros aspectos, se poñan en valor os dez puntos ourensáns de excepcional valor turístico.  A moción popular subliña que esta iniciativa xa formou parte do plan de mandato Ourense 92 e constitúe unha das fortalezas do actual Plan Ourense 15-19. 

Segundo a proposta, a provincia ten unha riqueza paisaxística, etnográfica, arquitectónica, termal, patrimonial e gastronómica de primeira orde, á que se engade “as súas xentes traballadoras, emigrantes e creativas”.

Sobre este último aspecto, lembran os populares que xa no debate sobre estado da provincia, celebrado en novembro de 2016, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, xa falara da vontade de dar forma a un plan que “estableza obxectivos e prioridades en relación á coñecida técnicamente como economía laranxa”, é dicir, toda aquela que teña a súa base nas industrias culturais e creativas.

A Ourense ICCWeek, organizada pola Deputación e que este ano alcanzará a súa terceira edición, é precisamente, indica a moción, un exemplo da configuración do territorio provincial “nun espazo onde teñen cabida as vangardas creativas de diversas disciplinas e sede de debate e posta en valor da innovación e do coñecemento”.

A proposta do grupo provincial popular tamén inclúe o deseño dun plan de emprego que oferte unha atención especial a visitantes para os dez puntos de maior valor turístico e que terá en conta aos titulados da Facultade de Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: