Noticias
Blog
Manuel Baltar: “O congreso nacional do PP pon de relevo os noso logros nos gobernos nacional, autonómicos, provinciais e locais”
• O presidente dos populares ourensáns destacou a participación dos compromisarios nos relatorios e aprobación dos documentos políticos “moi valorada pola dirección nacional e os responsables do congreso”.
Madrid, 12 de febreiro de 2017.- Unha vez rematado o dezaoito congreso nacional do Partido Popular, celebrado esta fin de semana en Madrid, o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, quixo destacar a implicación dos máis de 80 compromisarios que acudiron a esta cita en representación do PP de Ourense, en particular á participación nos relatorios e aprobación dos documentos políticos “moi valorada pola dirección nacional do partido e polos responsables do congreso”.
“Este congreso –dixo Baltar- pon de relevo os logros obtidos polo partido ao noso paso polos gobernos nacional, autonómicos, provinciais e locais”. O Partido Popular de Ourense, engadiu, é unha excelente mostra deses logros, e desexámoslle á nova dirección que nas próximas convocatorias electorais obteña os grandes resultados conseguidos na nosa provincia e que seguro imos obter no futuro”.
Para Manuel Baltar, as claves dese obxectivo político pasan por dúas premisas, “a continua actividade nun partido como o PP de Ourense, en constante renovación e innovación, e ademais a proximidade ás persoas e o compromiso co futuro do seu territorio traballando desde as institucións nas que gobernamos”.
Manuel Baltar expresou a súa satisfacción polo desenvolvemento deste encontro, “pero sobre todo polo traballo político realizado, que é o que converte a este congreso no evento máis importante que celebra calquera formación en España”. Subliñou ademáis o apoio recibido á candidatura de Mariano Rajoy á presidencia do PP nacional, “reelixindo ao líder dunha formación que aporta estabilidade e defende a unidade do país, palabras que ninguén debe dubidar que son claves neste momento histórico”.