Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Termalismo será un eixe prioritario do goberno popular de Rosendo Fernández

Imprimir ppou - 18-Xaneiro-2011 - 09:30:00 

15 de xaneiro de 2011.- O candidato popular á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, e o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, participaron nun novo encontro sectorial coa sociedade ourensá centrado no ámbito da empresa e do comercio. No encontro, coordinado pola economista Beatriz Tejada, participaron, entre outros, o presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, o presidente da Federación de Comercio, o presidente da Asociación de Constructores, o presidente do Colexio de Arquitectos, o xerente do Centro Comercial Aberto, o xerente do Centro Comercial Ponte Vella, o presidente de ADEIDO, e presidentes de diferentes asociacións empresariais. Todos co propósito de facer chegar as súas aportacións ao candidato popular á alcaldía.
O PP de Ourense, con Rosendo Fernández na Alcaldía, contribuirá á reactivación do termalismo, coa posta en marcha do consorcio para a execución do Plan Estratéxico de Termalismo, previsto o seu funcionamento para os anos 2007 e 2008, un retraso inxustificable, imputable á desidia e parálise que caracterizan un bipartito "de comenencia" que vive de costas aos problemas e potencialidades do noso concello.     

Durante a xornada de traballo puxéronse tamén sobre a mesa reivindicacións para que os proxectos inacabados de Ourense sexan unha realidade, dende os que afectan às infraestructuras -como a chegada do AVE ou a creación de solo industrial- como os que contribúan ao desenvolvemento do sector comercial e servizos, nunha economía en crise que esixe ser máis competitivos. Efectos positivos de dinamización da economía que se beneficiarían de medidas como a axilización dixital dos procedementos para a concesión de licenzas municipais ou que o concello conte con ventanillas únicas específicas de carácter sectorial, suxestións que o candidato popular asumíu como proprias.
Os encontros sectoriais do PP de Ourense xa avaliaron tamén a realidade ourensá no mundo da mocidade, as infraestructuras, e a igualdade, e seguirán a celebrarse buscando a maior participación da cidadanía nesta etapa da chamada "democracia sustantiva". Nesa andaina o vindeiro día 28 de xaneiro terá lugar outra xuntanza sectorial co obxecto de avaliar aspectos tan importantes como a organización municipal, a cooperación no ámbito local e mesmo a eficiencia e eficacia na adminsitración con gobernos responsables que busquen a austeridade e fuxan do despilfarro.  

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: