Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A senadora ourensá Miri Barreira, nomeada como alta comisionada para o reto demográfico

Imprimir ppou - 27-Xaneiro-2017 - 18:22:12 


• Agradecida pola confianza depositada na súa persoa, destaca a oportunidade que se lle brinda para coñecer de primeira man un problema tan importante “e que afecta dun xeito tan directo e especial á miña provincia”.

• O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, expresou a súa “fonda satisfacción, por canto un membro do comité de dirección do PP de Ourense vai exercer unha responsabilidade relevante a nivel nacional e nun área de especial interese para nós”.

• O novo cargo implica a súa renuncia ao Senado, escano que será ocupado polo seu substituto na lista, Avelino García Ferradal.

  
  
Ourense, 27 de xaneiro de 2017.- O Consello de Ministros nomeou hoxe á senadora ourensá Miri Barreira Diz como nova comisionada do goberno para o reto demográfico, unha figura creada en virtude dun dos acordos alcanzados na recente Conferencia de Presidentes. Co obxectivo de facer fronte á evolución demográfica, aos problemas de despoboación e ás consecuencias que esta tendencia terá a medio e longo prazo, Barreira Diz asume o reto de deseñar e implementar unha estratexia nacional que recolla cales son as medidas que compre adoptar en materia demográfica, tendo en conta as consideracións que aporten as comunidades autónomas e os partidos políticos con representación no Parlamento, moi en particular as conclusións dos órganos de estudio creados con este fin no Senado.

A nova comisionada, agradecida pola confianza depositada na súa persoa para este traballo, subliñou que o novo comisionado “nace do acordo e vai procurar o acordo de todos para loitar fronte a un reto que é unha realidade , como é a evolución da poboación, que resulta esencial para o futuro do país”.

No ámbito persoal e profesional, Miri Barreira destacou a oportunidade que se lle brinda con este nomeamento, pola trascendencia da evolución demográfica no Estado do Benestar, e porque “que afecta dun xeito tan directo e especial á miña provincia, a Ourense". 

Miri Barreira Díz (Ourense, 1978) é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou traballos de colaboración e asistencia na Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza (2002 e 2004). 

Na IX lexislatura foi directora adxunta da asesoría do grupo parlamentario popular no Congreso, sendo nomeada en decembro de 2011 directora adxunta do gabinete da vicepresidenta do Gobierno. Senadora na XI e XII lexislaturas pola provincia de Ourense, na actualidade exercía o cargo de portavoz adxunta do grupo parlamentario do PP, ademáis de formar parte da Deputación Permanente do Senado.
 
Avelino García, novo senador
O nomeamento de Miri Barreira implica a súa renuncia ao escano que na actualidade ocupa no Senado, posto que será ocupado a partir de agora polo seu substituto na lista das eleccións xerais de xuño, Avelino García Ferradal.

  
  
Voceiro do Partido Popular no Concello da Rúa e antigo alcalde do municipio, García Ferradal (A Rúa, 1960) expresou tras coñecer a noticia o seu orgullo “por ter a oportunidade a representar á provincia de Ourense no Senado, e máis aínda por dar voz en Madrid á comarca de Valdeorras e ao meu concello”.

O novo senador agradeceu a todas as persoas que veñen de confiar no seu labor ao longo destes anos, cunha mención especial ao presidente provincial do PP, Manuel Baltar, engadindo como desexo “estar á altura do que se espera de min”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: