Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  O goberno de Ribadavia continúa sen acondicionar a fosa colectora de As Chabolas

Imprimir ppou - 26-Xaneiro-2017 - 11:54:31 


• Hai máis de un mes que o alcalde dixo aos medios de comunicación que tomarían medidas inmediatas para resolvelo e todo sigue igual.

• Un regueiro de auga mesturada con lodos verque de xeito absolutamente descontrolado cara ao exterior da fosa.

Ribadavia, 25 de xaneiro de 2016.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia presentou, no pasado mes de decembro, un escrito no rexistro municipal instando ao goberno a acondicionar e asegurar de xeito inmediato a fosa colectora que se atopa na localidade de As Chabolas.

  
  
Esta fosa recolle tanto augas pluviais como fecais da localidade e atópase nun estado de abandono absoluto. Existen arquetas sen tapa que facilmente poden provocar un accidente ou a caída dalgún animal. Ademais, a fosa non está correctamente selada e as augas e lodos verquen de xeito descontrolado cara ao exterior.

Pois ben, a día de hoxe, e tras declarar o señor alcalde aos medios de comunicación que tomaría as medidas inmediatas necesarias para arranxar a fosa, observamos que nada se fixo e a situación de abandono e perigo na que se atopa esta fosa colectora e o seu entorno, é exactamente a mesma sin que se saiba nada de actuación ningunha do goberno municipal.

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “estamos ante unha nova tomadura de pelo á veciñanza por parte do señor alcalde, que dixo hai un mes que actuaría de xeito inmediato e a día de hoxe a fosa sigue sen selar e coas arquetas destapadas”. 

César Fernández, sinalou que “dende o grupo municipal do Partido popular formularemos no Pleno unha pregunta para coñecer as razóns polas que non se ten feito nada a día de hoxe a pesar de que o alcalde tiña manifestado a intención de resolver o problema; e cando ten pensado actuar para darlle unha solución a esta cuestión”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: