Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  O senador ourensán Francisco Fernández defende nunha moción o desenvolvemento da farmacia como servizo sanitario de proximidade

Imprimir ppou - 25-Xaneiro-2017 - 18:28:41 



• O texto, aprobado na comisión de Sanidade e Servizos Sociais, pon de manifesto que o modelo de farmacia español garante a “solidariedade na distribución e asegura a equidade no acceso do paciente ao medicamento e ao profesional farmacéutico”.

• Sinala que o Sistema Español de Farmacia é “esencial” para a implantación e aplicación de políticas sanitarias como o sistema de achega dos beneficiarios do SNS.

25 de xaneiro de 2017.- O senador do PP por Ourense, Francisco Fernández, incidiu hoxe na Comisión de Sanidade e Servizos Sociais do Senado, a través dunha moción, “a necesidade de seguir traballando para consolidar e desenvolver o valor da farmacia como un servizo sanitario de proximidade”. 

A moción presentada polo PP e aprobada pola citada comisión do Senado insta tamén a “seguir defendendo o modelo de farmacia español como un modelo eficaz e eficiente que garante a solidariedade na distribución e asegura a equidade no acceso do paciente ao medicamento e ao profesional farmacéutico”.

Ao longo da súa intervención, Francisco Fernández asegurou que esta proposta ten como fin e obxectivo fundamental reforzar o modelo de farmacia do que goza o estado español.

Do mesmo xeito, o senador do PP ourensán destacou o papel da farmacia española que achega un valor engadido posto que posibilita, a través da concertación, a colaboración co Sistema Nacional de Saúde. 

Así, lembrou que a concertación da Administración con todas as farmacias, xunto coa ordenación farmacéutica, garante de forma efectiva ao cidadán “o acceso á prestación farmacéutica en condicións de igualdade e coa mesma garantía de calidade e subministración en todo o Estado, mesmo en situacións de demoras no pago, como pasou ao longo de anos anteriores nalgunhas comunidades autónomas”.

Ademais, o senador popular remarcou que o Sistema Español de Farmacia é “esencial” para a implantación e aplicación de políticas sanitarias como o sistema de achega dos beneficiarios do SNS na achega farmacéutica e a receita electrónica, entre outros, explicou Fernández. 

Para terminar afirmou que “é necesario consolidar e desenvolver o valor da farmacia como servizo sanitario de proximidade, dotando de ferramentas que permitan a comunicación dos seus profesionais, cos profesionais dos centros de atención primaria”.
 
“Así se favorecerá unha práctica colaborativa entre os profesionais sanitarios, que redundará nunha mellora na continuidade asistencial e na calidade da atención aos pacientes”, finalizou.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: