Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ourense inicia a súa actividade política no 2017 coa elección do presidente da xunta local de Arnoia

Imprimir ppou - 21-Xaneiro-2017 - 03:36:15 




• Rogelio Martínez seguirá á fronte da xunta local dos populares logo de recibir o apoio unánime dos compromisarios no congreso celebrado esta tarde.

• O presidente provincial, Manuel Baltar, destacou que esta primiera cita congresual “marcará o inicio da intensa actividade que o Partido Popular de Ourense vai desenvolver neste ano pensando xa nas municipiais de 2019”.

Arnoia, 20 de xaneiro de 2017.- Rogelio Martínez González (Arnoia, 1956) foi reelixido como presidente da xunta local de Arnoia tras recibir o cen por cen dos votos dos compromisarios asistentes ao congreso celebrado esta tarde na capitalidade do municipio.

Rogelio Martínez, logo de agradecer o apoio amosado polos compromisarios á súa candidatura, cualificou á convocatoria como “o congreso da renovación”, pois o 80 % das persoas que lle acompañarán nesta nova etapa incorpóranse por vez primeira á xunta local de Arnoia.

Unha xunta, afirmou Martínez, “que terá como obxectivo a máis absoluta colaboración e axuda ao goberno municipal, na procura das mellores condicións de vida para os nosos veciños”.

En clave política, o presidente do PP de Arnoia engadiu que a agrupación popular converterase “nun instrumento para renovar e conseguir máis apoios ao Partido Popular nas eleccións municipais, autonómica e estatal”. Un labor, apuntou, “no que contaremos coa máxima participación de todos os afiliados”.

“O congreso desta tarde ven de marcar o inicio da intensa actividade que o Partido Popular de Ourense vai desenvolver neste ano”, dixo pola súa banda na clausura do congreso o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, lembrando que a formación popular ten “un selo inequívoco de compromiso coa provincia que se demostra no seu dinamismo aínda fora de procesos electorais”.

Logo de felicitar a Rogelio Martínez, o presidente provincial destacou que nas próximas dúas semanas celebraranse cinco congresos locais máis, “cumprindo así co programa e cos obxectivos que nos marcamos, que non son outros que comezar a traballar de novo, logo dun intenso ano electoral, para conseguir nas municipais de 2019 os mellores resultados electorais na provincia”.

Dirixíndose aos compromisarios e afiliados asistentes ao congreso, Manuel Baltar advertiu que os éxitos alcanzados nas eleccións de 2016 só teñen unha orixe, “que está no traballo, na previsión e na planificación que facemos no PP a diferencia do resto de formacións políticas”, destacando que nese labor os populares contan como ninguén “coa implicación de homes e mulleres que queren facer Ourense”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: