Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular lembra que a Deputación de Ourense ten previsto investir 120.000 euros na mellora das estradas OU-701 que une Manzaneda con Trives

Imprimir ppou - 19-Xaneiro-2017 - 13:31:37 


• A deputada Marta Nóvoa subliñou que a Xunta de Galicia leva investidos 580.000 euros no reforzo do firme das estradas OU-533 e OU-536

Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Nóvoa lembrou hoxe no Parlamento que a Deputación de Ourense ten previsto realizar obras de acondicionamento da estrada OU-701, xunto coa que une Manzaneda con Trives, por importe de 120.000 euros. “Trátase dunha estrada competencia da Deputación e na que regularmente fai traballos de mantemento”, apuntou.

Marta Nóvoa explicou que a OU-701 é unha estrada de montaña, polo que “non se pode converter nunha estrada de alta capacidade polo complicado do terreo”. Neste sentido, criticou ao deputado da Marea David Rodríguez porque “no período que estivo de alcalde de Manzaneda non fixo ningún tipo de reclamación sobre esta estrada”. 

Estradas autonómicas
Na súa intervención, a deputada popular lembrou que a Axencia Galega de Infraestruturas realizou o pasado ano na estrada   OU-533, concretamente na travesía de Viana do Bolo, unha actuación de reforzo de firme localizado cun investimento de 425.000 euros.  A esta actuación, sumouse a obra de reforzo do firme na OU-536, na travesía de Trives, por un importe superior aos 155.000 euros. 

Ademais, Marta Nóvoa subliñou que “a comunicación entre os núcleos de Viana do Bolo e A Pobra de Trives xa se pode realizar empregando a rede de titularidade autonómica, que comprende as estradas OU-533 e OU-636, continuando as comunicacións da Pobra de Trives con Ourense a través da estrada OU-536, das que a Axencia Galega de Infraestruturas ten encomendada a súa xestión e conservación”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: