Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  A incapacidade do goberno municipal provoca a perda da condición de aula de referencia do CeMIT de Ribadavia

Imprimir ppou - 16-Xaneiro-2017 - 11:33:20 


• Tamén implica deixar de percibir unha achega da Xunta de Galicia de 15.000 euros.

• O feito de non chegar a un mínimo de actividade na aula foi o que provocou a perda da condición de Aula de Referencia.

Ribadavia, 14 de xaneiro de 2017.- A incapacidade do goberno de Ribadavia ven de provocar a perda da condición de Aula de Referencia para o CeMIT de Ribadavia, ademais do dereito á subvención correspondente que neste caso era unha achega de 15.000 euros para dinamización da actividade na aula.

A aula CeMIT (Centro para a Inclusión e Modernización Tecnolóxica) situada na Casa da Cultura, estaba considerada Aula de Referencia ao abeiro do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Plan de Inclusión dixital no eido da Administración Local. 

Este feito ven provocado polo incumprimento do convenio posto que a aula CeMIT de Ribadavia, que segundo os datos oficiais ten reflectido un nivel de actividade do 1,98 %, non chega ao mínimo nivel de actividade esixible para ser considerada Aula de Referencia e, polo tanto, perde o dereito á subvención destinada a estes centros con esta cualificación.

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “estamos ante un paso máis na folla de ruta do goberno municipal que parece empeñado en converter a Ribadavia nun concello de segunda”.

César Fernández, sinalou que “comeza a ser preocupante a incapacidade do goberno municipal, que xa non é quen nin de manter un mínimo de actividade na aula CeMIT para seguir gozando dun espazo de referencia no noso concello. 

Unha cuestión aínda máis preocupante se temos en conta que no goberno existe unha concellería, dotada con unha dedicación exclusiva remunerada que, entre outras cousas, debería velar polo correcto funcionamento e o mantemento dunha actividade suficiente e de calidade nesta instalación”.

Para Fernández “resulta moi chamativo que, segundo os datos oficiais, a actividade de outras aulas CeMIT que non teñen a consideración de aula de referencia sexa moi superior á actividade desenvolta en Ribadavia. Unha proba clara de que o goberno municipal non é quen de poñer en valor unha instalación creada para procurar a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica da cidadanía”

O voceiro popular quixo lembrar que “a través da aula CeMIT poderíanse levar a cabo actividades formativas de gran valor para a cidadanía coma por exemplo cursos de formación dixital básica, seguridade TIC, capacitación dixital avanzada, formación para empresarios e emprendedores, búsqueda de emprego, administración electrónica, redes sociais, imaxe e audio, ofimática, etc. Por iso resulta máis triste se cabe que, posuíndo unha instalación con este potencial formativo, a preguiza e incapacidade do goberno municipal provoque a perda da condición de Aula de Referencia do centro CeMIT de Ribadavia”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: