Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O goberno de Ribadavia leva dúas semanas sen enviar a ninguén a limpar a praza de abastos

Imprimir ppou - 16-Xaneiro-2017 - 11:31:31 


• Esta situación está a causar un profundo malestar entre os comerciantes e usuarios da praza de abastos.

• Estes feitos son unha mostra máis da absoluta incapacidade de xestión dos recursos humanos municipais por parte do goberno socialista.

Ribadavia, 13 de xaneiro de 2017.- Dende o grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia queremos facernos eco das queixas que estamos a recibir por parte de comerciantes e usuarios da praza de abastos, que sinalan a falta de limpeza desta instalación nas últimas semanas.

Tanto usuarios da praza como comerciantes coinciden en sinalar que dende que se atopa de vacacións o traballador que habitualmente limpa esta instalación, o goberno municipal non foi quen de enviar ninguén a limpar a praza de abastos e cubrir a ausencia deste traballador.

Esta situación está a provocar un profundo malestar en comerciantes e usuarios da praza que ven como a falta de limpeza comeza a ser preocupante, e o abandono por parte do goberno municipal é evidente e manifesto

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “o señor alcalde presume de dinamización da praza de abastos cando é o responsable directo de que esta instalación leve xa dúas semanas sen que ningún operario municipal pase a realizar as labores de limpeza”.

César Fernández, sinalou que “estes feitos son unha mostra máis da absoluta incapacidade de xestión dos recursos humanos municipais por parte do goberno socialista. O lixo sigue acumulándose na praza de abastos mentras o goberno municipal segue de brazos cruzados.” 

O voceiro popular quixo lembrar que, “O goberno ten que facer unha xestión rigorosa e sensata dos recursos humanos municipais e non pode permitir que unha instalación destas características bote dúas semanas sen servizo de limpeza.”


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: