Noticias
Blog
O PP ourensán presentará unha proposición non de lei no Congreso para fomentar o uso terapéutico de animais
• Ana Belén Vázquez e Miguel Ángel Viso coñeceron hoxe o labor que desenvolve o Centro Terapéutico Arraianos con cabalos
Ourense, 3 de xaneiro de 2017.- O Partido Popular de Ourense, a través dos seus deputados Ana Belén Vázquez e Miguel Ángel Viso, presentarán no Congreso unha proposición non de lei para fomentar o uso terapéutico de animais, en concreto con cabalos, para o tratamento de adolescentes con problemas de conduta.
Para desenvolver esta iniciativa, Ana Belén Vázquez e Miguel Ángel Viso visitaron esta mañá o Centro Terapéutico Arraianos, en Celanova, onde coñeceron de preto o labor que están a levar a cabo con mozos e rapaces, que grazas a o contacto directo e as actividades que realizan con cabalos conseguen unha notable mellora da autoestima, satisfacción emocional, máis atención e concentración, menos estrés, ansiedade e agresividade e adiantos na psicomotricidade.
Enrique Moreiras, director do centro, acompañado por varios voluntarios, explicou os deputados os distintos programas multifuncionais que teñen en marcha, tanto individuais como educativos, terapias alternativas, talleres, rutas de senderismo e a cabalo e actividades de fin de semana abertas ás familias.
Ambos os dous deputados coincidiron en destacar o gran traballo que realizan este tipo de centros, avalado polos éxitos alcanzados “e aínda con maior valor polo carácter de voluntariado dos seus monitores, polo que son merecentes de que se recoñezan os seus esforzos por axudar os pais con fillos que amosan problemas de conduta que, non esquezamos, poñen en risco a convivencia familiar”, apuntou Ana Belén Vázquez.