Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Barbadás pide ao Concello a creación dun Consello Municipal de Seguridade Viaria para frear os accidentes

Imprimir ppou - 19-Decembro-2016 - 09:56:32 


• Os populares presentan oito medidas coas que poñer freo ao crecente número de sucesos relacionados co tráfico.

• Propón que o Consello conte coas achegas de todos os partidos políticos, pero tamén se abra aos axentes sociais implicados.

• Avoga por un aumento do persoal da Policía Local e o control da velocidade en zonas de risco.

Ourense, 18 de decembro de 2016.- O grupo popular de Barbadás solicita ao Concello a creación dun Consello Municipal de Seguridade Viaria, como parte dun programa con oito medidas "urxentes"  para poñer fin a "as situacións de risco" que se viven nas vías do municipio "pola falta dunha ordenanza municipal adecuada".

A redución da velocidade dos vehículos en zonas con nenos ou mala visibilidade; o aumento da dotación da Policía Local ou mellorar a visibilidade dos peóns serán algunhas das oito propostas que o PP presentará este luns no Ppleno extraordinario que solicitou a pasada semana.

A proposta
A proposta avoga pola unión de todos os axentes políticos e sociais para buscar "solucións en común". Por este motivo reclama a creación dun Consello Municipal de Seguridade Viaria no que estean presentes todos os grupos políticos e os representantes das forzas de seguridade e Protección Civil. 

Pero ademais, reclama que tamén poidan participar os colectivos implicados na loita contra os accidentes, asociacións veciñais e organizacións de persoas con mobilidade reducida.
 
Para aumentar a seguridade dos peóns a moción propón reducir a velocidade preto dos colexios ou en rúas estreitas e pendentes da Valenzá.  Tamén reclama eliminar as prazas de aparcadoiro inmediatas aos pasos de peóns e instalar de sensores con luces vermellas na calzada que avisen da presenza de peóns.  

A proposta complétase con campañas de concienciación, un aumento da dotación da Policía Local, un maior control dos límites de velocidade, a mellora do firme das vías e a dotación de zonas de aparcadoiro.

Con esta moción, o PP quere dar resposta a unha demanda social provocada polo aumento constatado dos sucesos relacionados co tráfico, como o que o pasado mes de novembro acabou coa vida dunha veciña que cruzaba un paso de peóns na Valenzá.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: