Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular pedirá no próximo pleno da Deputación que Fomento continúe nesta lexislatura o proxecto da variante exterior do AVE

Imprimir ppou - 13-Decembro-2016 - 15:16:05 


• Os populares lembran nunha moción rexistrada esta mesma mañá os sucesivos compromisos asumidos polo Goberno durante a xestión de Ana Pastor ao frente do ministerio.

• A chegada da alta velocidade, afirma o grupo do PP, é unha oportunidade para incrementar a competitividade de Ourense e maila provincia polo que pide a execución do tramo Taboadela-estación Empalme sen variación algunha.

Ourense, 13 de decembro de 2016.- O grupo popular pedirá o apoio da corporación provincial no próximo pleno da Deputación para instar ao Ministerio de Fomento a que, en coherencia con todos os pasos administrativos dados, “proceda nesta lexislatura a continuar avanzando na execución da proxectada variante ferroviaria entre Taboadela e Ourense”.

Así consta na moción rexistrada hoxe polo grupo popular, en resposta ás manifestacións do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, nas que cuestionou o proxecto da coñecida como variante exterior do AVE, poñendo en dúbida o investimento de 600 millóns de euros para o tramo de 17,9 quilómetros correspondente ao tramo entre Tabodela e a estación Empalme.

A moción, que inclúe como proposta o trasalado do acordo do pleno aos presidentes do Goberno español e da Xunta de Galicia, recolle en detalle os pasos dados e as declaración feitas pola anterior titular de Fomento, Ana Pastor, que en todo momento comprometeu a construcción desta variante.

Así, cítase a presentación en abril de 2013 e por parte da entón ministra do novo proxecto de integración ferroviaria na capital, onde se confirmou “a variante proxectada como a solución máis axeitada para a chegada da alta velocidade á cidade”.

Un compromiso que Ana Pastor reiterou o 22 de xuño deste mesmo ano, afirmando que o mencionado tramo era “unha solución optimizada, sustentable e funcional (…) consensuada con todas as administracións”. Logo de facer un repaso polas fases xa cumpridas do proxecto, incluídas as recentes resolucións de impacto ambiental, o grupo provincial popular lembra que o proceso administrativo e ambiental da variante avanzou “dun xeito lento, pero decidido dende 2013 ata novembro deste ano”.

Ademais, o propio pleno da Deputación, lémbrase na presente moción, aprobou no recente debate sobre o estado da provincia  unha proposta de resolución para a execución de todas as actuacións previstas, “para que a chegada da alta velocidade sexa unha realidade cumprindo os prazos establecidos”.

Para os populares, a chegada da alta velocidade é un fito histórico non só para a capital, senón tamén para o conxunto da provincia, unha oportunidade para ser un territorio máis competitivo, polo que non desexan nin variacións nin renunciarán ao proxecto inicial.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: