Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  O PP de Barbadás lamenta que o Concello espere a unha denuncia para dotar de sinalización ás obras da travesía de Vilaescusa

Imprimir ppou - 07-Decembro-2016 - 11:33:40 


• Os populares denunciaron o estado desta rúa ao constatar a ausencia de sinais e a presenza de grava no firme.
• Reclaman unha solución para as obras na estrada das Escorregas, onde os sinais non son visibles por estar ao nivel do chan.

Ourense, 2 de decembro de 2016.- O PP de Barbadás lamenta que o Concello esperase a unha denuncia para asfaltar, retirar restos de grava e dotar de sinalización ás obras da travesía de Vilaescusa, na Valenzá, e reclama que se solucionen de forma inmediata os problemas similares detectados nas obras na estrada das Escorregas.
 
  
  
O Grupo popular presentou onte, xoves, unha denuncia polo estado da travesía de Vilaescusa, despois de ser alertado por varios condutores que tiveran problemas e mesmo algún pequeno accidente debido á ausencia de sinal de obras e pola presenza de grava.
 
A portavoz popular, Consuelo Vispo, constatou ás 17,00 horas a presenza de grava miúda procedente dunhas obras de parcheado e a total ausencia de sinais indicativos. Por este motivo, procedeuse a informar á Concellería de Obras e a presentar unha denuncia no rexistro do Concello. Ás 19,30 horas de onte, xoves, a empresa responsable das obras procedeu a un reasfaltado e á sinalización das obras.
 
Desde o PP de Barbadás pídese ao grupo de goberno que evite que se poidan repetir situacións similares de perigo para os condutores noutros tramos en obras, como o da estrada das Escorregas ao Concello.
 
Na actualidade estas obras contan cunha sinalización a nivel de chan, que de noite ou cando hai néboa non son visibles polos condutores. O PP de Barbadás, reclama un cambio de sinais ou acompañalas de sinalización luminosa.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: