Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Medio rural, emprego e políticas sociais, principais apostas da Xunta de Galicia para Ourense no proxecto de orzamentos para 2017

Imprimir ppou - 05-Decembro-2016 - 13:36:13 



 
• O presidente provincial, Manuel Baltar, salientou que o proxecto orzamentario “é un programa para cumprir e apunta á procura do equilibrio territorial”.

• Medio Rural incrementa o seu investimento nun 20 %, a Consellería de Economía nun 16,2 % e Política Social experimenta unha suba do 60 %

Ourense, 5 de decembro de 2016.- Unha firme aposta polo rural, como defensa do territorio e para crear riqueza, máis recursos para o fomento do emprego e unha política baseada nas persoas para a mellora social, foron os aspectos destacados esta mañá na valoración que o Partido Popular de Ourense fixo das previsións de investimento para a provincia recollidas no proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2017. Un proxecto que para o presidente provincial dos populares, Manuel Baltar, desvela “un programa que se vai cumprir e que apunta á procura do equilibrio territorial”.

Manuel Baltar quixo destacar a “a máxima axilidade demostrada por un goberno forte para que hoxe estemos a falar de orzamentos”, pouco máis de dous meses despois das eleccións autonómicas. O proxecto de lexislatura que agora principia, engadiu, será o do cumprimento dun programa “que xa nos deixou realidades na anterior etapa, como a autovía a Celanova, o novo hospital ou o edificio xudicial”, traballo recoñecido “co resultado electoral de setembro”.

Logo da introducción do presidente provincial, os parlamentarios José González e César Fernández Gil detallaron algúns dos aspectos máis destacados do proxecto orzamentario na provincia, salientando o incremento próximo ao 20 % en Medio Rural (con preto de 70 millóns de euros), a suba do 16,2 % en Economía e Emprego (ata os 16,8 millóns) e o 60 % de incremento en Política Social (máis de 3 millóns), 

José González, que fixo un percorrido polas liñas xerais do orzamento da Xunta, subliñou que o interior de Galicia “recibe máis fondos que o eixo atlántico para paliar a súa desvantaxe, situando o gasto total da Xunta por habitante na provincia de Ourense en 3.550 euros”, engadindo tamén que “se pode consolidar o crecemento económico con máis gasto público, máis investimentos e unha política fiscal que dá as familias, especialmente ás de rendas mais baixas, unha maior capacidade de consumo”. 

A transversalidade foi o aspecto salientado por César Fernández Gil, apuntando que “a aposta polo medio rural se pode observar no conxunto dos orzamentos, o que se traduce nun importante número de medidas para impulsar o desenvolvemento dunha provincia na que máis do 80 % do seu territorio é rural”.

Ambos os dous detallaron algúns dos aspectos do proxecto económico que, ao seu xuízo, merecen especial atención:


Presidencia: 4.764.346,50 €

Máis de 2 millóns de euros para promoción e dinamización turística na provincia, ao que se engaden os máis de 324.000 euros para o novo albergue de peregrinos de Ourense, que permitirá una maior integración e coñecemento da cidade por parte dos caminantes. 
Preto de 1,5 millóns de euros para o fomento do uso das novas tecnoloxías, destacando o plan de banda larga 2020, con case que medio millón de euros, facilitando un mellor acceso a internet no rural. 


Vicepresidencia. Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza: 7.628.000,54 €

• Destinados na súa práctica totalidade á mellora de infraestruturas xudiciais, de entidades locais e dos servizos de emerxencias.


Consellería de Facenda: 733.450.04 €

• Máis de 700.000 euros para a mellora de servizos de atención ao cidadán. Destacan 304.000 euros para a mellora de sistemas de información de xestión tributaria.


Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: 6.576.521,53 €

• Preto de 1,5 millón de euros para obras do plan URBE.
Case que 1 millón de euros en axudas para redacción de planeamentos urbanísticos nos concellos, en aplicación da nova Lei do Solo de Galicia).
Actuacións na Rede Natura 2000 e espazos naturais con case que 1 millón de euros.


Consellería de Infraestruturas e Vivenda: 48.130.567,59 €

• 2,5 millóns para rehabilitación de viviendas.
Máis de 10 millóns de euros para a rede viaria, investimento fundamental para a conservación e mellora das comunicación nunha provincia con gran dispersión de poboación.
Máis de 3 millóns de euros para a conexión do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa A-52.
• 1,6 millóns para o plan de sendas peonís e ciclistas na comarca de Ourense.
• 365.000 euros para o proxecto da estación intermodal Ourense.
• Posta en valor da ponte vella de Ourense con 150.000 euros.


Consellería de Economía, Emprego e Industria: 16.852.883,57 €

• Con tres millóns máis que en 2016, o proxecto orzamentario deste departamento está dedicado principalmente a programas de desenvolvemento industrial e fomento do emprego.
• Máis de 2,3 millóns para medidas de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de biomasa.
• Mellora de infraestruturas en parques empresariais de titularidade municipal con máis de 1 millón.
• Máis de 1,5 millóns para modernización, emprendemento e innovación do comercio e das pemes comerciais.
• Máis dun millón de euros na comarca de Ourense, onde se concentran os principais núcleos industriais da provincia para internacionalización, microcréditos e proxectos piloto da industria 4.0
• 5700.000 euros para a mellora de infraestruturas no polígono industrial de As Coiñás, no barrio ourensán do Vinteún.


Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: 14.353.813,99 €

• O presuposto deste departamento céntrase en actuacións de mellora de centros educativos e promoción da actividade cultural, incluíndo 1 millón de euros máis que en 2016.
• Preto de 3 millóns de euros están destinados ao Campus da Auga.
• 400.000 euros para a ampliación da Escola Oficial de Idiomas de Ourense (actuación enmarcada na estratexia de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras).
• Máis de 1 millón de euros en axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.
• Máis de 700.000 euros para a posta en marcha do Museo do Viño de Galicia (Ribadavia).
• Máis de 330.000 euros para a implantación de novos ciclos formativos de FP.


Consellería de Sanidade:  12.107.070,66 €

• Máis de 6,1 millóns de euros para o plan director do hospital de Ourense.
• Máis de 800.000 euros para actuacións en centros de saúde da provincia, garantindo o compromiso de ofrecer a todos os ourensáns que teñan o seu carón un centro novo o reformado.
• Máis de 3,2 millóns de euros para proxectos en tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no eido sanitario.


Consellería de Política Social: 3.130.686,81 €

• Máis dun millón de euros para o CEIP de Mariñamansa, onde está prevista a creación dun centro de atención para persoas con diversidade funcional maiores de 21 anos.
• No conxunto da provincia investiranse case que 900.000 euros en atención os nenos de 0 a 3 anos e nas casas niño.
• A estratexia de inclusión social Galicia 2014-2020 acadará en Ourense máis de 350.000 euros.


Consellería de Medio Rural: 69.773.525,55 €

• Recursos  para infraestruturas relacionadas co desenvolvemento e adaptación da agricultura e silvicultura con actuacións en 23 concellos con máis de 6 millóns de euros. 
• Máis dun 1,5 millóns de euros para o plan de regadío da comarca da Limia.
• Preto de 14.000.000 millóns de euros para actuacións en prevención de incendios e recuperación dos montes afectados polos lumes deste verán, coa finalidade de recuperar o seu potencial forestal.
• Axudas ás industrias agroalimentarias para investimento e comercialización dos seus productos con máis de 3,3 millóns.
• Axudas para a primeira instalación de mozos no rural por valor de 2,6 millóns, dato especialmente relevante ao incrementarse nun 25 % respecto o ano anterior atendendo á demanda de axudas por parte de mozos que se queren instalar no rural.
• Axudas a investimentos nas explotacións agrarias con 3,1 millóns.
• Os apoios ao sector forestal suman máis de 6 millóns de euros.
• Os proxectos do plan LEADER e os grupos de desenvolvemento rural suman axudas próximas aos 4,5 millóns.

Compre lembrar que a aposta polo rural inclúe tamén a estratexia de impostos cero neste eido, eliminando impostos para mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade no 87% do territorio galego, co obxectivo de fixar poboación no medio rural e dinamizar as zonas menos poboadas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: