Noticias
Blog
A portavoz do Partido Popular de Entrimo, Palma Pinto Ferreira, trasladou hai uns meses á Fundación San Rosendo a necesidade de realizar obras de reforma na residencia de maiores da vila, por considerar que o deterioro de determinadas dependencias así como dos xardíns provocaba incomodidade e potenciais perigos para as persoas que residen no establecemento.
Ante esta petición do Partido Popular, a Fundación San Rosendo optou por acometer as citadas reformas, que se iniciaron a finais do pasado ano, e que están a piques de rematar, circunstancia que está a ser ben acollida tanto polos residentes como polos seus familiares.
O PP de Entrimo agradece á Fundación San Rosendo que teña escoitado as súas peticións polo ben dos maiores que viven na residencia, e pide que unha vez rematadas as obras “se realicen periódicamente labores de mantemento para que as instalacións sigan sendo un lugar de residencia e disfrute dos maiores, así como dos familiares que se achegan a compartir con eles o seu tempo”, afirma Palma Pinto.