Noticias
Blog
Novas Xeracións do PP achega aos mozos a riqueza da provincia para poñer en valor as súas potencialidades
• A organización xuvenil desenvolve unha campaña con visitas a distintos lugares do territorio ourensán nos ámbitos produtivo e cultural
Ourense, 29 de novembro de 2016.- Baixo o lema “Coñece a túa provincia”, a organización xuvenil Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense ven de realizar unha serie de visitas a distintos lugares do territorio ourensán coa finalidade de achegar aos mozos o potencial de Ourense en diversos ámbitos.
O Museo do Entroido en Xinzo de Limia, unha explotación gandeira de raza caldelá na Peroxa, o traballo no sector vitivinícola no Ribeiro, a praza de abastos do Xurés, o complexo arqueolóxico Aquis Querquennsis ou a igrexa románica de Santa Comba foron algúns dos lugares visitados ata o momento polos representantes de Novas Xeracións, acompañados por xóvenes de distintos puntos da provincia.
O presidente da organización xuvenil, José Antonio Parente, resaltou a importancia de dar a coñecer de un modo directo aos mozos e mozas a riqueza da provincia, “un excelente medio para unha mellor comprensión desta provincia e saber poñer en valor as súas potencialidades”.