Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Novas Xeracións rinde homenaxe a persoeiros da cultura e intelectuais da provincia coa campaña “Ourensáns de Ourense”

Imprimir ppou - 23-Novembro-2016 - 11:20:11 


• O escritor limián Carlos Casares terá unha relevancia especial nos actos a desenvolver pola organización xuvenil do PP ao ser o protagonista das letras galegas en 2017.

Ourense, 23 de novembro de 2016.- A organización xuvenil do Partido Popular, Novas Xeracións, ven de iniciar unha campaña de actividades que baixo o lema “Ourensáns de Ourense” ten como finalidade render unha homenaxe aos principais persoeiros da provincia no ámbito cultural e intelectual.

Aproveitando datas senlleiras, os membros de Novas Xeracións organizarán unha serie de actos nos que a lectura de obras e visitas a lugares destacados servirán para lembrar a figura de ourensáns ilustres como o escritor e político Vicente Risco, o etnógrafo e historiador Florentino López Cuevillas ou o escritor limián Carlos Casares, que terá unha relevancia especial por ser o protagonista das letras galegas en 2017.

Con esta campaña, que tamén terá un espazo nas redes sociais, “tentamos aproximar aos mozos da provincia a cultura ourensá, falando de galeguismo e humanismo como tamén vimos defendendo dende Novas Xeracións e o PP”, sinalou o presidente da organización xuvenil, José Antonio Parente.

Saúdos


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: