Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Allariz expresa o seu máis absoluto rexeitamento a un novo “catastrazo” por parte do goberno nacionalista

Imprimir ppou - 15-Novembro-2016 - 14:18:18 


• A voceira popular, Luz Doporto, afirma que alaricanos, especialmente os do medio rural, “teñen a maior presión fiscal de toda a provincia  e están a sufrir nos seus petos as consecuencias da nefasta xestión económica do BNG, que converteu a Allariz no municipio galego de máis de 5.000 habitantes coa maior débeda por veciño”.

Ourense, 10 de novembro de 2016.- O Partido Popular de Allariz esixe que se faga unha supervisión completa da regularización catastral que deu lugar ao primeiro “catastrazo” de Allariz, dando de baixa todas as construcións abandonadas ou ruinosas que nunca se deberon incorporar á base de datos do Catastro, e oponse ao segundo “catastrazo” promovido polo grupo nacionalista de goberno ocasionado polo aumento dos valores catastrais nos tres últimos anos e o aumento previsto para o 2017.

Para a voceira popular no Concello de Allariz, Luz Doporto, os alaricanos, especialmente os do medio rural, “teñen a maior presión fiscal de todos os municipios da provincia e están a sufrir nos seus petos as consecuencias da nefasta xestión económica do BNG, que converteu a Allariz no municipio galego de máis de 5.000 habitantes con maior débeda por veciño”.

Luz Doporto explica que “ao parecer para o alcalde o aumento da presión fiscal e da recadación, logo da regularización catastral dos anos 2011 a 2013 e mailo incremento dos valores catastrais dos anos 2014 a 2016, non foi suficiente, de tal xeito que neste 2016 volveron a solicitar un novo aumento dos valores catastrais do 10%, con entrada en vigor o próximo ano”. Así, con este último incremento dos valores catastrais solicitado polo alcalde, denuncia a representante do PP, “o aumento do valor catastral de cada recibo será do 46% en catro anos, ao que hai que engadir o aumento do 85% do número de recibos desde o ano 2006 ao 2014”.

Todo elo, di Doporto, sen dar conta destas decisións ao pleno, “utilizando a porta de atrás a ver si cun pouco de sorte os alaricanos non nos enteramos e seguimos e pagar a enorme débeda que temos con máis impostos”.

 Luz Doporto chama a tención sobre o primeiro “catastrazo”, no que se procedeu á regularización de todos os bens catastrais, incluidos todo tipo de construcións, moitas delas abandonadas ou ruinosas. Esa regularización, sen ningún tipo de control por parte do Concello, foi acompañada dunha fortísima subida do valor catastral no máis duro da crise “e que supuxo que se emitiran case que 5.000 recibos máis en tres anos, converténdonos no municipio da provincia con maior número de parcelas edificadas con recibo por habitante,1,17, cando por exemplo no Barco  é de 0,287 parcelas por habitante”. Así, para a voceira popular, é absolutamente necesario facer con urxencia unha supervisión completa da regularización feita en Allariz.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: