Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Concello de Ribadavia incumple a lei de transparencia e convírtese nun dos máis opacos da provincia

Imprimir ppou - 28-Outubro-2016 - 17:38:09 


• O portal municipal de transparencia incumple co deber de informar sobre os diferentes apartados que esixe a lei de transparencia.

• A veciñanza só pode acceder ás actas dos órganos colexiados e aos regulamentos e ordenanzas, permanecendo oculta o resto da información que se esixe en base á lei de transparencia..

Ribadavia, 28 de outubro de 2016.- O alcalde de Ribadavia e o seu goberno  incumplen de xeito alarmante coas obrigas derivadas da lei de transparencia, o que convirte ao concello de Ribadavia nun dos máis obscuros, no que a información pública se refire, da provincia de Ourense.

O desleixo do alcalde de Ribadavia e do seu equipo de goberno provoca que, a día de hoxe, o portal municipal de transparencia só recolla información relativa ás actas de sesión dos organos colexiados e ás ordenanzas e regulamentos, obviando a práctica totalidade dos indicadores de transparencia que a lei impón ás entidades locais.

O voceiro popular, César Fernández, sinalou que “esta falta de transparencia é unha das características que definen ao alcalde de Ribadavia, acostumado a ocultar información, ou a utilizar de xeito partidista outra información protexida polas leis de protección de datos”. Fernández salientou que “o alcalde de Ribadavia está privando de xeito deliberado á veciñanza da información requerida pola lei de transparencia xa que se dise cumprimento a todos os indicadores da lei, a cidadanía podería comprobar de primeira man a falta de transparencia nas contratacións de obras e servizos, así como da permanente vulneracuión das bases de execución do orzamento á hora de acometer o gasto corrente”.

O voceiro popular sinalou que “estamos ante un goberno e un alcalde que, escondéndose tras unha aparente pasividade, oculta de xeito deliberado información que pode ser de interese e relevante para a cidadanía”.

Asemade, Fernández salientou que “hai que lembrar que dende decembro de 2015 o concello ten a obriga de publicar na web a información relativa aos indicadores que recolle a lei de transparencia, nomeadamente información sobre o concello (cargos electos e persoal, organización e patrimonio, estrutura e normas), información económico financeira, información de contratacións e servizos, etc”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: