Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Ana Villarino acusa a Pérez Jácome de irresponsable por atentar “sen pés nin cabeza” contra un sector estratéxico como o termalismo

Imprimir ppou - 07-Outubro-2016 - 12:49:35 


• A deputada popular afirma que as críticas do representante de Democracia Ourensana sobre os sinais da área de Prexigueiro “poñen en evidencia a ignorancia dun axitarúas que nin se preocupa por documentarse, facendo a única política que coñece: o espectáculo”.
 
Ourense, 6 de outubro de 2016.- “A irresponsable forma de facer política do señor Pérez Jácome non fai máis que atentar contra un sector estratéxico para o futuro da provincia de Ourense como é o termalismo”, dixo esta mañá a deputada provincial popular Ana Villarino, en resposta ás críticas vertidas polo representante de Democracia Ourensana sobre a sinalización das termas de Prexigueiro, no Concello de Ribadavia.

A deputada amosou a súa “desagradable sorpresa” por unhas críticas “que non teñen nin pés nin cabeza, xa que calquera persoa cun mínimo de interese pola verdade pode comprobar como as termas de Prexigueiro están perfectamente sinalizadas”, afirmación que acompañou con ata dez imaxes nas que se pode observar claramente  os indicativos desta área termal.

Os sinais, engadiu, foron instalados pola Xunta de Galicia “que colabora activamente coa Deputación no Plan Provincial Termal, son totalmente correctos posto que o que se indica son vilas termais, entre elas Prexigueiro, e manteñen a mesma imaxe que se está a empregar en todas as zonas deste tipo existentes en Galicia”. 

Todos estes datos, declarou a deputada popular, “poñen en evidencia a ignoracia dun axitarúas que nin se preocupa por documentarse, facendo a única política que coñece: o espectáculo”. Aínda máis, criticou, “trata de acusar á Deputación de marxinación, cando se algo temos claro no grupo de goberno e que a cor política non importa xa que os concellos son dos cidadáns, demostrando que o único sectarismo é o de Pérez Jacome facendo este tipo de declaracións”.

Para Ana Villarino é absolutamente lamentable que un representante político que, se supón, vela polos intereses dos ourensáns “se permita o luxo de actuar deste xeito, primeiro facendo gala sen reparos da súa aversión ao termalismo e logo rezumando unha negatividade propia das persoas que só se moven polo victimismo e presentándose como defensor dunha zona termal”. Un xeito de actuar, dixo, “que sitúa a Democracia Ourensana como unha forza irrelevante que non sabe o que é xestionar diñeiro público e que se mofa dos ourensáns coas súas acusacións”.

Para o Partido Popular de Ourense, engadiu a deputada popular, “o termalismo é un sector que merece a máxima atención e recursos, como así o demostramos dende a Deputación levando o termalismo ourensán ata a feira de Termatalia, celebrada a pasada semana na localidade mexicana de Coahuila”.

 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: