Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP denuncia diante da Xunta Electoral a Ignacio Gómez por utilizar medios públicos con fins electorais e de exaltación da xestión do goberno municipal

Imprimir ppou - 23-Septembro-2016 - 22:03:25 



• Nunha convocatoria de axudas, o rexedor de Ribadavia ensalza o uso de recursos propios e critica e alude aos “recortes en educación doutras administracións”.

• Esta forma de actuación, reiterada na persoa do alcalde de Ribadavia (xa foi sancionado nas anteriores eleccións xerais) supón para o Partido Popular de Ourense “unha evidente vulneración dos principios de obxectividade e transparencia do proceso electoral e de igualdade”, que debe ser sancionada.

Ourense, 23 de setembro de 2016.- O Partido Popular de Ourense ven de presentar unha denuncia diante da Xunta Electoral contra o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, por unha nova vulneración da lei electoral ao utilizar medios públicos, nomedamente a páxina web do Concello e na rede social Facebook, para realizar declaracións de carácter electoralista en pleno proceso para os comicios autonómicos.

Segundo consta no texto da denuncia, o pasado 31 de agosto o Concello de Ribadavia fixo pública na súa web a convocatoria dunha serie de axudas para a adquisición de material, convocatoria que emprega “para fins electoralistas ou de exaltación da xestión do goberno municipal”. Con este obxectivo, recolle o texto, se usan frases como “para que non se produzan inxustizas a causa da crise económica que estamos a pasar (...) o Concello de Ribadavia está a facer un esforzo utilizando recursos propios”, ademais de “… estamos contribuíndo así a amortiguar e minorar o efecto dos recortes en educación doutras administracións”.

Esta forma de actuación, reiterada na persoa do alcalde de Ribadavia (xa foi sancionado nas anteriores eleccións xerais) supón para o Partido Popular de Ourense “unha evidente vulneración dos principios de obxectividade e transparencia do proceso electoral e de igualdade entre os actores electorais, cunhas evidentes connotacións electoralistas, que consideremos deben ser sancionadas”

O PP de Ourense subliña que esta nova denuncia pon en evidencia a máis absoluta falta de escrúpulos do rexedor de Ribadavia, que nin respecta o xogo democrático, tratando de conseguir votos de calquera xeito sen o máis mínimo decoro.

O desprezo que pola lei electoral está a facer Ignacio Gómez e os socialistas de Ribadavia xa quedou en evidencia, como cita a denuncia, coa sanción imposta ao rexedor pola Xunta Electoral, logo presentar proxectos en pleno proceso electoral “inducindo de forma mediata a través dos medios de comunicación o sentido do voto dos electores”, segundo recolle a resolución.

Tamén lembra o Partido Popular a denuncia interposta contra o PSOE de Ribadavia, que nun desprezable exercicio de mala fe continuou a facer campaña electoral no primeiro día de actividade maila que os partidos políticos que concorren a estas eleccións decidiron suspender todos os actos en sinal de duelo pola morte de catro persoas no accidente ferroviario do Porriño.
 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: