Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar chama á mobilización dos ourensáns para que Galicia teña un presidente elixido “pola inmensa maioría dos galegos”

Imprimir ppou - 23-Septembro-2016 - 13:53:28 



• O PP de Ourense pechou a campaña en Celanova, logo dun encontro en Aixiña con colectivos sociais, unha visita a Maside, mitin en Trasmiras e un xantar-mitin no Carballiño co presidente do PPdeG e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

• O presidente provincial apelou ao voto moderado, cunha mención expresa aos 13.000 votantes de Ciudadanos nas eleccións de xuño, afirmando que “no Partido Popular temos espazo para todos”. 

• A cabeza de lista, Marisol Díaz, afirmou que logo destes quince días “estou farta de escoitar non, non, non, e eu dígolles que si, que nestes próximos catro anos xuntos si podemos facer moito máis”.

Ourense, 23 de setembro de 2016.- O claustro do mosteiro de Celanova foi o escenario escollido polos populares ourensáns para poñer fin esta tarde-noite a unha intensa campaña electoral que, na última xornada, tamén tivo como puntos de referencia a capital, cun encontro en Aixiña con colectivos sociais, Maside, Trasmiras e un xantar-mitin no Carballiño que contou coa presenza do presidente do PPdeG e candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

No remate da campaña, o presidente provincial, Manuel Baltar, fixo unha chamada á mobilización dos ourensáns ata o último momento, “para que o domingo pola noite teñamos un presidente elixido pola inmensa maioría dos galegos e non froito dun acordo contra eles”.

“Dende o minuto uno dixemos con toda claridade cal era o noso obxectivo: contribuír á terceira maioría absoluta de Alberto Núñez Feijóo para completar o labor de goberno iniciado no 2009”, engadiu o presidente provincial, que nesta liña apelou ao voto moderado, cunha mención expresa aos 13.000 votantes de Ciudadanos nas eleccións de xuño, afirmando que “no Partido Popular temos espazo para todos”.  

Manuel Baltar salientou a campaña dos populares ourensáns, “na que falamos de Ourense, de Galicia, de realidades e feitos, dun proxecto  e, sobre todo, do “si” fronte ao “non” e de futuro fronte a unha visión apocalíptica da nosa terra”.  Unha campaña en positivo, dixo, cunha candidatura na que aportamos a experiencia na xestión do diñeiro público e perfectamente identificada coa idea de Ourense”.

Nas súas intervencións, a cabeza de lista, Marisol Díaz, agradeceu pola súa banda as mostras de apoio recibidas nestes quince días, “que ademais de orgullo son unha enorme responsabildade”. Díaz afirmou que tanto ela como os seus compañeiros de lista “imos procurar que no horizonte do 2020 Ourense teña mellores infraestruturas e alternativas de mobilidade, novos servizos sanitarios, un rural activo e moderno e novos equipamentos para esa gran aposta que é a marca Ourense, provincia termal”.

Pero, para todo iso, advertiu a candidata, “compre que o domingo enchamos as urnas con milleiros de votos de apoio a Alberto Núñez Feijóo”. Insistiu Marisol Díaz na mensaxe ao destacar que “logo dos debates nos que participei nesta última semana e onte mesmo, asegúrovos que estou farta de escoitar non, non, non, e eu dígolles que si, que nestes próximos catro anos xuntos si podemos facer moito máis”.

Unha vez concluída a campaña, na que se celebraron máis de 300 actos por todas as comarcas, o Partido Popular centra agora a súa actividade nos últimos preparativos para a xornada de votacións do domingo, na que grazas ao compromiso das agrupacións locais o Partido Popular contará con máis de 2.100 interventores e apoderados repartidos por toda a provincia.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: