Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar defende o desenvolvemento da agroindustria e o turismo cultural “para poñer en valor o noso rural”

Imprimir ppou - 14-Septembro-2016 - 18:51:25 


• A caravana electora popular achegose hoxe a Bande, Arnoia, Xinzo de Limia e á zona das Burgas na capital

• O presidente provincial reivindicou un PP comprometido co investimento nás áreas rurais “porque só así defendemos o territorio e ofrecemos oportunidades para xerar riqueza e emprego”.

• A número uno por Ourense, Marisol Díaz subliñou o sentido da responsabilidade do PP, que soubo aplicar “unha administración axeitada do escaso diñeiro que tiñamos durante a crise”.

Ourense, 14 de setembro de 2016.- O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, defendeu hoxe “o claro compromiso do PP co medio rural, unha das súas bandeiras, fronte a aqueles partidos que só saben pensar nas nosas comarcas e nos pequenos concellos cando están en campaña electoral”. Nos mítines celebrados esta tarde en Bande e Arnoia, o líder dos populares ourensáns reivindicou o desenvolvemento da agroindustria e do turismo cultural “como medios para poñer en valor o noso rural, perfectamente reflectidos no programa do PP”.

“Se hai unha provincia con potencial nacional e internacional na industria agroalimentaria e cun patrimonio histórico e cultural esa é Ourense”, afirmou o presidente provincial, que citou como exemplos a pegada dos romanos na comarca da Baixa Limia ou o sector vitivinícola en Arnoia.

O compromiso popular “é seguir investindo no rural, porque só así defendemos o territorio e ofrecemos oportunidades para xerar riqueza e emprego”, dixo Manuel Baltar, para quen este sector necesita de gobernos populares como a Xunta e a Deputación de Ourense”.

Nesta liña criticou a utilización electoral que fan as “mareas”, os nacionalistas e os socialistas do campo ourensán, “mesmo descualificando aos nosos concellos, e aos seus habitantes, chamándolles graneiro de votos do PP”. “En efecto –ironizou- somos un graneiro, pero o grao só se obtén cando ofreces respostas ás necesidades dos veciños, dos agricultores ou dos viticultores; se non sementas, non hai colleita”.

SENTIDO DA RESPONSABILIDADE
En Arnoia, a cabeza de lista pola provincia, Marisol Díaz, defendeu o traballo realizado polo Partido Popular nestes oito anos de goberno, “anos duros onde se tomaron decisións ás veces difíciles porque afectan á vida dos cidadáns”. Non obstante, engadiu, “fronte ao que as outras forzas teiman en chamar recortes, O PP aplicou o sentido da responsabilidade, o compromiso cos galegos e, sobre todo, unha administración axeitada do escaso diñeiro que tiñamos durante a crise”.

Ese sentido común, dixo, “permitiu protexer o patrimonio que moitos pais e nais fixeron con moitísimo esforzo na emigración, pensando no futuro dos seus fillos”. Por iso hoxe, explicou a candidata “o 99 % dos galegos xa non pagan por recibir unha herdanza familiar directa, sexan fillos, netos, marido ou esposa ou ascendente”. Unha medida, concluíu, “que os outros partidos non van manter se chegan á Xunta”.

Xinzo de Limia e Barbadás tamén estiveron hoxe na axenda electoral dos populares ourensáns con senllas visitas dos candidatos, que xa nas Burgas, na capital, participaron nun mitin no que estivo presente o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: