Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “O Estado e a Xunta teñen nas deputacións un aliado indiscutible para garantir os dereitos e oportunidades de todos os cidadáns”

Imprimir ppou - 13-Septembro-2016 - 22:13:04 



• Intensa xornada electoral do PP ourensán, que hoxe contou coa presenza en Avión, Ribadavia, Ourense e O Carballiño do presidente do PP e presidente en funcións do Goberno, Mariano Rajoy 

• No Carballiño pediu a cofianza dos ourensáns “porque demostramos entender o que nos piden e porque non vale de nada ser o primeiro partido se despois non podemos gobernar”

• Marisol Díaz afirmou que “como delegada territorial da Xunta fun testemuña e podo dar fe do traballo feito polo goberno de Alberto Núñez Feijóo”.

Ourense, 13 de setembro de 2016.- O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, afirmou hoxe que seguirán a pedir a confianza de todos os ourensáns, “achegándonos aos nosos vecinos e demostrando que entendemos o que nos piden, porque non vale de nada ser o primeiro partido se despois non podemos gobernar”. Manuel Baltar pronunciou estas palabras no mitin que o PP celebrou no auditorio do Carballiño e que contou coa presenza do presidente do PP e presidente en funcións do Goberno, Mariano Rajoy, que realizou unha visita a Ourense cunha intensa axenda na que figuraban senllas visitas a Avión e Ribadavia, así como a súa particpación nunha xunta directiva dos populares ourensáns.

O presidente provincial aproveitou a presenza de Mariano Rajoy para defender ás deputacións “como aliado indiscutible do Estado e da Xunta para garantir os dereitos e oportunidades de todos os cidadáns”. Subliñou que as institucións provinciais son esenciais para vertebrar o territorio, pero sobre todo “para apoiar eses 129.000 ourensáns que viven en pequenos concellos e que precisan dos mesmos servizos que os habitantes das vilas e cidades”.

Manuel Baltar pediu unha vez máis unha reforma do financiamento local que achegue máis recursos aos gobernos provinciais e unha reforma do réxime electoral, “de modo que os ourensáns poidan elixir directamente os membros da corporación provincial e saiban quen se presenta e con qué programa”
O PP ourensán foi o único que presentou un candidato e un programa para o goberno da Deputación nas municipais de maio, lembrou, “como agora o PP é o único que presenta un candidato claro e un programa solvente para o 25 de setembro, ao contrario que o resto de forzas que agochan a súa política de pactos”.

“Nas últimas eleccions Ourense estivo entre as tres primeiras provincia de España en apoio ao PP”, lembrou Manuel Baltar, que dirxíndose ao presidente do goberno aseguro que “esta non vai ser unha excepción e imos aportar a nosa propia marea de votos para que Alberto Núñez Feijóo alcance esa terceira maioría abosluta”.

UN GOBERNO Á GALEGA
Mentres, a número uno da lista pola provincia de Ourense, Marisol Díaz, falou en clave política para subliñar que logo do debate de onte quedou claro que “o PP é a única formación que ofrece un proxecto serio, sólido, coherente, e sobre todo co aval da xestión”.

Marisol Díaz pediu o voto para garantir “un goberno á galega, do PP e de Alberto Núñez Feijóo”, afirmou dirixíndose ao presidente Mariano Rajoy e contrapoñendo os exemplos de Cataluña, Valencia ou Madrid, cunha mistura de pactos e siglas.

A candidata tivo palabras para os veciños do Carballiño, asegurando que os representantes ourensáns traballarán con todo o seu esforzo para o desenvolvemento do concello e da comarca, “como así fixo o goberno de Alberto Núñez Feijóo e eu podo dar fe delo, pois como delegada territorial da Xunta en Ourense fun testemuña do traballo feito”.

A xornada electoral do PP completouse no Barco de Valdeorras, onde os candidatos Miguel Santalices e Moisés Blanco, na compaña do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, mantiveron un encontro con entidades e colectivos sociais.

Tamén na capital ourensá desenvolvéronse outras actividades, con visitas a distintos puntos da cidade e un mitin no barrio da Follateira, onde participaron a candidata Marta Rodríguez Vispo, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: