Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Manuel Baltar reivindica o valor económico e social do termalismo “que conta coa aposta firme do noso candidato á Xunta”

Imprimir ppou - 13-Septembro-2016 - 13:54:27 



• O Partido Popular viaxou hoxe ata Cenlle, Esgos, O Carballiño e barrios de Ourense

• “Ninguén discute que o liderado termal de Galicia está en Ourense”, dixo o presidente provincial, lembrado o impacto promocional da Vuelta a España ou o papel clave que xogará para o sector a chegada do AVE.

• A número uno da candidatura pola provincia, Marisol Díaz, destacou que todo o mundo fala agora do rural, cando o PP “é a única forza consciente da súa importancia e por iso somos a única comunidade que implantou a estratexia “impostos cero no rural”.


Ourense, 12 de setembro de 2016.- O termalismo é un eixe estratéxico para o futuro de Ourense, “cun valor económico e social que vimos de reivindicar dende o Partido Popular e que conta co apoio en firme do noso candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo hoxe o presidente provincial popular, Manuel Baltar, no mitin celebrado na área termal de Barbantes, en Cenlle, onde salientou que o programa do PP fai unha aposta decidida para Ourense polo turismo vinculado ás augas”.

Manuel Baltar defendeu o Plan Termal de Ourense, en tanto que actúa como motor do sector turístico, lembrando que “estamos a falar dun investimento de seis millóns de euros, máis o millón anual que aporta a Deputación, e que xa ten executados ou completados o 41 % dos seus compromisos”.

“Ninguén discute que o liderado termal de Galicia está en Ourense”, engadiu o presidente provincial, que ademáis de destacar o enorme impacto de difusión logrado coa Vuelta Ciclista a España apuntou “o importante papel que está chamado a xogar a provincia neste sector coa chegada do AVE”. 

Nesta visión global, apuntou, o PP adquire hoxe o compromiso de traballar para que Ourense conte por fin cun hotel-balneario, á altura da calidade das súas augas termais”.

O termalismo ourensán, afirmou, é o mellor exemplo do proxecto de país que propón o candidato popular á Xunta, “pois grazas ao noso potencial axudaremos a consolidar e fortalecer o posicionamento de Galicia como destino termal”.

IMPOSTOS CERO NO RURAL
A área termal de Barbantes foi unha das citas da xornada electoral que o PP desenvolveu neste luns e que tamén tivo como escenario Esgos, onde a cabeza de lista pola provincia, Marisol Díaz, fixo unha rotunda defensa do rural. “O PP é a única forza política consciente da necesidade de movilizar as propiedades no rural, sen expropiacións como propoñe ese lío de confluencias que demostran non entender o noso país”, dixo a candidata.

O obxectivo dos populares, manifestou a candidata, é “conseguir explotacións agrícolas coa suficiente dimensión e impulsar a elaboración de productos con valor engadido”, dixo, por iso Galicia é a única comunidade que implantou a estratexia de impostos cero no rural, que supón que non haberá impostos na transmisión, na permuta ou nos cambios de fincas rústicas, nin pola agrupación de fincas nin na transmisión de explotacións agrarias.

Marisol Díaz lanzou unha mensaxe de confianza na xestión que avala ao PP nestes oito anos de goberno na Xunta, “que amosou o seu máis absoluto compromiso cos pequenos concellos, consciente de que non pode haber galegos de primeira nin segunda categoría, pois todos teñen que ter os mesmos dereitos e oportunidades, vivan onde vivan”.

En ambos os dous mítines, o Partido Popular de Ourense contou hoxe coa presenza da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. Xunto con estas dúas citas, a campaña electoral popular tamén estivo presente no Carballiño, onde o candidato Miguel Santalices e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, percorreron diversos puntos da vila. O conselleiro tamén estivo na cidade, onde participou nun mitin no barrio de Santa Teresita, que tamén participaron a candidata Marta Rodríguez Vispo, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente do distrito de A Ponte-Centro, José Araújo.  


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: