Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Entrimo acusa ao alcalde socialista de utilizar os lumes que afectaron ao municipio con fins electoralistas

Imprimir ppou - 11-Septembro-2016 - 22:33:50 


• O portavoz popular, Fernando García Areán, afirma que as críticas do rexedor sobre a falta de medios son unha vergoña e unha mentira, “máxime cando o propio alcalde nin estaba no municipio cando o lume converteuse nun pesadelo”.

Entrimo, 11 de setembro de 2016.- O grupo popular no Concello de Entrimo ven de expresar o seu máis absoluto rexeitamento ás manifestacións realizadas polo alcalde socialista acusando á Xunta de Galicia de non aportar os medios de extinción necesarios para frear o avance das lapas no gravísimo incendio que afectou a este municipio dende o pasado martes.

Para o portavoz popular, Fernando García Areán, as declaracións do rexedor constitúen unha vergoña, “pois está a utilizar unha desgraciada traxedia con fins electoralistas, ninguneando o esforzo titánico que estiveron a realizar os servizos de extinción da Xunta, a UME, e mesmo os propios veciños”.

“Dicir que non había medios é faltar a máis absoluta verdade, pois calquera persoa pode comprobar en internet os detalles do dispositivo posto en marcha pola Consellería de Medio Rural para ataxar o incendio”.

Neste sentido, García Areán non quixo esquecerse de agradecer “a total colaboración amosada pola Mancomunidade de Celanova e os concellos da Baixa Limia, que aínda afectados tamén polos lumes non dubidaron en aportar os medios dos que dispoñían”.

“Facer política cunha traxedia é deleznable, máxime cando o propio alcalde nin estaba no municipio cando o lume converteuse nun pesadelo”, criticou o portavoz do PP, quen lembrou as continuas advertencias realizadas en pleno sobre o estado dos montes de Entrimo, “reclamando unha e outra vez a súa limpeza, que non se fixo”. Así, engadiu Fernando García, “xunto coas altas temperaturas deses días e o vento, as lapas atoparon no monte o combustible necesario para converter o municipio nun inferno”.

O portavoz do PP subliñou que agora, unha vez apagado o lume, é o momento de analizar o ocorrido e tomar medidas para que non volva a pasar, “e non mentir e facer campaña política mentres as administracións públicas e os veciños estaban arriscando a súa vida para salvar os noso patrimonio natural”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: