Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP lamenta o incumprimento por parte do PSOE do pacto de suspensión da campaña electoral

Imprimir ppou - 09-Septembro-2016 - 20:16:06 



• En Ribadavia, os socialistas continuaban esta mesma tarde coa campaña difundindo por megafonía mensaxes pedindo o voto, lemas de partido e anunciando un mitin.

Ourense, 9 de setembro de 2016.- O Partido Popular de Ourense lamenta o incumprimento por parte do PSdeG-PSOE do pacto alcanzado esta mañá entre ambas forzas políticas para suspender en toda Galicia e durante esta xornada a campaña electoral en sinal de dor polo falecemento de catro persoas no accidente ferroviario ocorrido no Porriño.

O Partido Popular de Ourense rexeita esta falta de respecto por parte dos socialistas, que na vila de Ribadavia continuaron aínda esta mesa tarde coa campaña, utilizando para elo un vehículo con megafonía e que, percorrendo a vila, permitía escoitar con total claridade mensaxes pedindo o voto, lemas de campaña e anunciando un mitin.

Para o PP é imposible pensar que haxa unha soa agrupación local de calquera formación en toda Galicia que non se dera por informada da suspensión da campaña, polo que denuncia a male fe dos socialistas, e nomeadamente do PSOE de Ribadavia, representado ademais na candidatura socialista ourensán polo seu exalcalde, Marcos Blanco, número catro da lista.

Esta é unha demostración máis, advirte o PP, do máis absoluto desprezo que o PSOE de Ribadavia ten polo xogo democrático que constitúen unhas eleccións, pois compre lembrar que o actual alcalde e deputado provincial, Ignacio Gómez, foi sancionado pola Xunta Electoral por vulnerar a lei ao presentar proxectos en pleno proceso electoral, “inducindo de forma mediata a través dos medios de comunicación o sentido do voto dos electores”, segundo recolle a resolución.

Os populares ourensáns lamentan ademais a falta de respecto amosada cara os familiares das vítimas, aos que reitera as súas condolencias e desexa a pronta recuperación dos feridos neste tráxico accidente.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: